John Orna-Ornstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn Orna-Ornstein
Biografía
NacementoXuño de 1972
Datos persoais
País de nacionalidade Británico.
EducaciónUniversity College London.
Actividade
Campo de traballoEmpresa e numismática.
Premios
1995: Premio Parkes Weber (RNS).
1997: Premio Lhotka (RNS).


John Daniel Orna-Ornstein, nado en xuño de 1972[1], é un museólogo e numismático británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orna-Ornstein estudou Arqueoloxía no University College London entre 1991 e 1994.[2]

A súa carreira profesional comezou en xuño de 1994 no Museo Británico, onde desempeñou diversos labores, entre eles o de conservador no Departamento de Moedas e Medallas,[3] e o de coordinador do traballo nacional do museo e das súas asociacións en Londres.[4]

Logo ingresou no Consello das Artes de Inglaterra,[5] onde en 2013 foi nomeado director nacional de Museos e director rexional de Arte e Cultura no Leste de Inglaterra. Desde estes postos apoiou o desenvolvemento dos musos rexionais.[4]

En xuño de 2017, Orna-Ornstein ingresou na xunta executiva da entidade de conservación do patrimonio National Trust, para ocupar o novo posto de director de Conservación e Experiencia.[4][5][6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Estes son os principais traballos monográficos publicados por John Orna-Ornstein:[10]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]