John Oliver Creighton
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de abril de 1943 Orange |
| Educación | Universidade George Washington Academia Naval dos Estados Unidos Escola de Pilotos de Test Naval dos Estados Unidos Ballard High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | oficial, astronauta, aviador |
| Empregador | NASA, astronauta |
| Partido político | Partido Republicano |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América |
| Rango militar | capitán de navío |
| Tempo no espazo | 16 días, 20 horas e 24 minutos |
| Premios | |
John Oliver Creighton, nado en Orange (Texas) o 28 de abril de 1943, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-51-G, STS-36 e STS-48. Pasou un total de 16,85 días no espazo.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Creighton é graduado en ciencias pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1966 e máster en administración da ciencia e da tecnoloxía pola Universidade George Washington en 1978.[1]
Foi seleccionado pola NASA en xaneiro de 1978, converténdose oficialmente en astronauta en agosto de 1979, voando máis tarde nas misións STS-51-G, STS-36 e STS-48. Pasou un total de 16,85 días no espazo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Mark Wade (2019). "Creighton, John Oliver" (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Oliver Creighton |