John Kay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Kay
Johnkay2007.JPG
Nacemento12 de abril de 1944
Lugar de nacementoSovetsk
NacionalidadeAlemaña
Ocupacióncantautor, guitarrista, cantante e compositor de cancións
PremiosCanadian Music Hall of Fame e Canada's Walk of Fame
Na rede
http://www.steppenwolf.com
IMDB: nm1154408 Musicbrainz: 0d833cff-1f5c-4684-8a4b-200bd96f814a Songkick: 78060 Discogs: 248332 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
John Kay tocando en 2007.
Estrela de John Kay na Paseo da fama do Canadá.[1]

Joachim Fritz Krauledat, nado en Tilsit o 12 de abril de 1944, é un músico de rock canadense de orixe alemá, máis coñecido como John Kay.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no marco da segunda guerra mundial na cidade de Tilsit, daquela pertencente a Prusia Oriental. Ante o avance das tropas soviéticas cara á rexión a comezos de 1945 e co temor a que a poboación alemá sufrira represalias, a súa nai Elsbeth Krauledat, viúva de guerra, colleu o seu neno e fuxiu con milleiros de compatriotas, no que se coñece como a Evacuación de Prusia Oriental. Viven ata 1948 en Arnstadt na zona de ocupación soviética e logo en Hannóver, na zona británica.

En 1958 a familia emigrou a Toronto (Canadá), e despois, en 1963, a Buffalo nos Estados Unidos. En 1965 uniuse á banda canadense de blues rock The Sparrows que tivo un éxito moderado e que se mudou para California no decurso do ano seguinte cambiando o seu nome en 1967 para Steppenwolf, con Kay como vocalista, chegando ao éxito con cancións como Born to Be Wild. En 1994 publicou a súa autobiografía Magic Carpet Ride: The Autobiography of John Kay and Steppenwolf.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (en inglés) Canadaswalkoffame Arquivado 14 de decembro de 2008 en Wayback Machine. - Data de acceso 3 de maio de 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]