John Joseph Wright
John Joseph Wright | |
---|---|
Cardeal da Igrexa Católica | |
Biografía | |
Nacemento | 18 de xullo de 1919 en Dorchester (Massachusetts) |
Pasamento | 19 de agosto de 1979 en Cambridge (Massachusetts) |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 8 de decembro de 1935, por Francesco Marchetti Selvaggiani |
Consagración episcopal | 30 de xuño de 1947, por Richard James Cushing |
Creado cardeal | 28 de abril de 1969, por Paulo VI |
Prefecto de Congregación para o Clero Cardeal-Presbítero de Gesù Divin Maestro alla Pineta Sacchetti | |
23 de abril de 1969 - 10 de agosto de 1979 | |
Predecesor | Jean-Marie Villot |
Sucesor | Silvio Oddi |
Outros | |
![]() Escudo de John Joseph Wright | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
John Joseph Wright, nado o 18 de xullo de 1919 en Dorchester (Massachusetts) e finado o 10 de agosto de 1979 en Cambridge (Massachusetts), foi un cardeal estadounidense, prefecto da Congregación para o Clero dende 1969 até o seu pasamento.
Biografía[editar | editar a fonte]
Primeiros anos[editar | editar a fonte]
John Joseph Wright naceu en Dorchester, Massachusetts, fillo de John e Harriet, de apelido de solteira Cokely. Logo de graduarse polo Boston College en 1931, entrou no seminario de St. John en Brighton. A finais do seu primeiro ano alí, foi enviado a Roma a estudar no Pontificio Colexio Norteamericano e na Pontificia Universidade Gregoriana. Foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Boston o 8 de decembro de 1935,[1] polo cardeal Francesco Marchetti Selvaggiani,[2] entón cardeal vigairo de Roma.[3]
Bispo[editar | editar a fonte]
O 10 de maio de 1947 o papa Pío XII nomeouno bispo titular de Aegea e bispo auxiliar de Boston.[4] Wright recibiu a ordenación episcopal o seguinte 30 de xuño, de mans do arcebispo Richard Cushing.
O 28 de xaneiro de 1950 foi nomeado bispo de Worcester, e o 23 de xaneiro de 1959 bispo de Pittsburgh.
O 23 de abril de 1969 Paulo VI nomeouno prefecto da Congregación para o Clero, e creouno cardeal no consistorio do 28 de abril de 1969 co título de Cardeal-Presbítero de Gesù Divin Maestro alla Pineta Sacchetti.
Obra[editar | editar a fonte]
Libros[editar | editar a fonte]
- National Patriotism in Papal Teaching. 1942.
- Catholic Action Committee, Knights of Columbus, ed. (1944). The papacy and the war.
- R.J. Cushing, ed. (1944). The Pope and the War.
- Ave Maria Press, ed. (1954). Modern Lessons from an Ancient Legend.
- The Abbey Press, ed. (1960). The Priest and Contemporary Society.
- Fides, ed. (1961). Words in Pain.
- Prow, ed. (1964). Reflections on Conscience and Authority.
- Religious Needs of Patients in Institutions Caring for the Aging and Chronically Ill. 1964.
Outras publicacións[editar | editar a fonte]
- The Religious Inspiration of Massachusetts Law: The Sermon Preached at the Red Mass, Church of the Immaculate Conception, Saturday, Oct 9, 1943. 1943.
- St. Catherine Labouré and the Daughters of Charity. 1948.
- The Philosophy of Responsibility. 1949.
- Spiritual Values and Political Democracy. 1951.
- Sullivan Bros, ed. (1958). Profile of Christ in the Church of Boston.
- Some Timely Reflections at Christmas. 1961.
- The Love of Brothers: A Sermon to Melchite Catholics. 1965.
Distincións[editar | editar a fonte]
Foi nomeado doutor honoris causa polo Boston College en 1947,[5] e pola Universidade de Dayton en 1963.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Almagno, 1985, p. 15.
- ↑ John Joseph Wright; Romano Stephen Almagno (1984). Ignatius Press, ed. Mary, our hope: a selection from the sermons, addresses, and papers of Cardinal John J. Wright. p. 226. ISBN 9780898700466.
- ↑ Catarina Napoleone (1999). Franco Maria Ricci, ed. Enciclopedia di Roma: dalla origini all'anno Duemila. p. 580. ISBN 9788821609466.
- ↑ Almagno, 1988, p. 528.
- ↑ "Bishop Wright Received Honorary Degree At Convocation In Library Today". The Heights (10). 26 de novembro de 1947.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- John J. Cardinal Wright; Romano Stephen Almagno (1985). Resonare Christum: 1939 - 1959. The Boston Years and the Worcester Years. Ignatius Press. ISBN 9780898700503.
- John J. Cardinal Wright; Romano Stephen Almagno (1988). Resonare Christum: 1959 - 1969. The Pittsburgh Years. Ignatius Press. ISBN 9780898701944.
- John J. Cardinal Wright; Romano Stephen Almagno (1995). Resonare Christum: 1969 - 1979. The Rome Years. Ignatius Press. ISBN 9780898700527.
- Bispos católicos dos Estados Unidos de América
- Cardeais creados por Paulo VI
- Nados en 1919
- Nados no condado de Suffolk, Massachusetts
- Finados en 1979
- Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana
- Cardeais dos Estados Unidos de América
- Escritores dos Estados Unidos de América
- Escritores en lingua inglesa
- Escritores de literatura cristiá
- Doutores honoris causa polo Boston College
- Doutores honoris causa pola Universidade de Dayton
- Doutores honoris causa pola Universidade de Notre Dame
- Membros da Congregación para o Clero