John Horton Conway
John Horton Conway, nado en Liverpool o 26 de decembro de 1937 e finado en Princeton (Nova Jersey) o 11 de abril de 2020,[1][2] foi un matemático británico, especialista na teoría de grupos[3] (teoría de grupos finitos), na teoría de nós, na teoría de números,[4] na teoría de xogos e na teoría de códigos. Tamén fixo contribucións en moitas ramas das matemáticas recreativas, sobre todo coa invención do autómata celular chamado xogo da vida.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Conway naceu en 1937 en Liverpool, fillo de Cyril Horton Conway e Agnes Boyce.[5] Interesouse nas matemáticas dende moi novo. Aos once anos a súa ambición era converterse en matemático.[6][7] Tras deixar o sixth form, estudou matemáticas no Gonville and Caius College, Cambridge.[5] "Adolescente terriblemente introvertido" na escola, tomou a súa admisión en Cambridge como unha oportunidade para volverse extravertido, un cambio que lle valeu o alcume do "matemático máis carismático do mundo".[8][9]
Conway recibiu o título de Bachelor of Arts en 1959, e supervisado por Harold Davenport, comezou a investigar en teoría de números. Tras solucionar o problema aberto proposto por Davenport sobre escritura de números como sumas de potencias quintas, Conway comezou a interesarse nos ordinais infinitos.[7] Parece que o seu interese nos xogos comezou durante os seus anos de estudo no Cambridge Mathematical Tripos, onde se tornou nun ávido xogador de backgammon. Recibiu o doutoramento en 1964 e foi nomeado College Fellow and Lecturer in Mathematics no Sidney Sussex College, Cambridge.[10] Tras deixar Cambridge en 1986, aceptou a cátedra John von Neumann de matemáticas na Universidade de Princeton.[10]
Entre os matemáticos afeccionados, foi coñecido pola súa teoría de xogos combinatorios, en particular por ser o creador edo xogo da vida, que foi presentado por Martin Gardner en 1970.[11] Tamén foi un dos inventores do xogo do drago, así como do phutball e realizou análises detalladas de moitos outros xogos e problemas, como o cubo Soma.
Inventou un novo sistema numérico, os números surreais, que se atopan estreitamente relacionados con certos xogos e foron obxecto dunha novela matemática de Donald Knuth.[12] Tamén ideou unha notación para números extremadamente longos, a notación de frecha encadeada de Conway.
Ata o seu falecemento foi profesor de matemáticas na Universidade de Princeton. En 1981 foi elixido membro da Royal Society.[13]
Faleceu aos oitenta e dous anos en Princeton o 11 de abril de 2020 a causa da COVID-19.[14][2]
Libros
[editar | editar a fonte]- Conway, J. H. (1970): Regular Machines and Regular Languages
- Conway, J. H. (1976): On Numbers and Games
- Conway, J. H.; Berlekamp E. R.; Guy, R. K. (1982): Winning Ways for your Mathematical Plays (2 volumes)
- Conway, J. H.; Sloane, N.J.A. (1988): Sphere Packings, Lattices and Groups
- Conway, J. H.; Guy, R. K. (1982): The Book of Numbers
- Conway, J. H.; Smith D.A. (2003): On Quaternions and Octonions
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Davidson, Helen (12 de abril de 2020). "infarto live news: Britain pledges £200m to WHO as lockdowns tighten worldwide". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 12 de abril de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Natalini, Roberto. "Il matematico John Horton Conway è morto di Covid-19 all’età di 82 anni". Consultado o 12 de abril de 2020.
- ↑ Harris (2015)
- ↑ Breakfast with John Horton Conway
- ↑ 5,0 5,1 "CONWAY, Prof. John Horton". Who's Who 2014, A & C Black, an imprint of Bloomsbury Publishing plc, 2014; online edn, Oxford University Press.
- ↑ "John Horton Conway". Dean of the Faculty, Princeton University. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2019. Consultado o 03 de novembro de 2020.
- ↑ 7,0 7,1 Mathematical Frontiers. Infobase Publishing. 2006. p. 38. ISBN 978-0-7910-9719-9.
- ↑ Roberts, Siobhan (23 de xullo de 2015). "John Horton Conway: the world's most charismatic mathematician". The Guardian.
- ↑ Ronan, Mark (18 de maio de 2006). Symmetry and the Monster: One of the greatest quests of mathematics. Oxford University Press, UK. pp. 163. ISBN 978-0-19-157938-7.
- ↑ 10,0 10,1 Chang, Sooyoung (2011). Academic Genealogy of Mathematicians. World Scientific. p. 205. ISBN 978-981-4282-29-1.
- ↑ Gardner, Martin (outubro de 1970). "Mathematical Games: The fantastic combinations of John Conway's new solitaire game "Life"". Scientific American 223: 120–123.
- ↑ Infinity Plus One, and Other Surreal Numbers por Polly Shulman, Discover Magazine, 1 de decembro de 1995
- ↑ "John Conway". The Royal Society. Consultado o 11 de abril de 2020.
- ↑ "John Conway Dies From Coronavirus". 12 de abril de 2020. Consultado o 12 de abril de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Horton Conway |
A Galipedia ten un portal sobre: Reino Unido |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alpert, Mark (1999). Not Just Fun and Games Scientific American, abril 1999
- Conway, John e Smith, Derek A. (2003). On quaternions and Octonions : their Geometry, Arithmetic, and Symmetry Bull. Amer. Math. Soc. 2005, vol=42, issue=2, pp. 229–243, ISBN 1568811349
- Boden, Margaret (2006). Mind As Machine, Oxford University Press, 2006, p. 1271
- Case, James (2014). Martin Gardner's Mathematical Grapevine Arquivado 07 de abril de 2022 en Wayback Machine. Book Reviews of Undiluted Hocus-Pocus: The Autobiography of Martin Gardner and Martin Gardner in the Twenty-First Century, By James Case, SIAM News, 1 de abril de 2014
- du Sautoy, Marcus (2008). Symmetry, HarperCollins, p. 308
- Guy, Richard K (1983). Conway's Prime Producing Machine Mathematics Magazine, Vol. 56, No. 1 (xaneiro de 1983), pp. 26–33
- Harris, Michael (2015). Review of Genius At Play: The Curious Mind of John Horton Conway Nature, 23 de xullo de 2015
- Mulcahy, Colm (2014). The Top 10 Martin Gardner Scientific American Articles Scientific American, 21 de outubro de 2014
- Roberts, Siobhan (2015). Genius at play: The curious mind of John Horton Conway. Bloomsbury. ISBN 978-1620405932.
- Princeton University (2009). Bibliography of John H. Conway Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine. Mathematics Department
- Rendell, Paul (2015). Turing Machine Universality of the Game of Life Springer, xullo de 2015, ISBN 3319198416
- Seife, Charles (1994). Impressions of ConwayArquivado 09 de novembro de 2020 en Wayback Machine. The Sciences
- Schleicher, Dierk (2011), Interview with John Conway, Notices of the AMS