John Green
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
John Michael Green, nado en Indianápolis o 24 de agosto de 1977, é un escritor estadounidense de literatura xuvenil, blogger en YouTube e produtor executivo. Foi recoñecido maioritariamente polo seu libro The Fault in Our Stars (en galego, Baixo a mesma estrela) e Paper Town (en galego, Cidades de papel).[1]
Os seus pais, quen o apoiaron coa súa decisión, foron Mike Green e Sydney Green. Seu pai era director dun centro de conservación natural estadounidense e da súa nai descoñécese a ocupación que tiña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Green asistiu a “Indian Springs School”, un internado e o colexio externo nos arredores de Birmingham, Alabama. Graduouse no Kenyon College no 2000 cunha dobre licenciatura en Inglés e estudos relixiosos. Green viviu durante varios anos en Chicago onde traballou para unha revista de libros chamada Booklist. Unha vez aí, pasou revistas por centos de libros de todas as variedades, a súa especialidade baseábase en revisar a literatura de ficción, libros sobre o islam, e libros sobre xemelgos siameses.
Despois, viviu en Nova York durante dous anos. Tamén escribiu para a “National Radio's".
En 2014 foi incluído na lista das 100 persoas máis influentes no mundo, da revista Time. Tamén en 2006 gañou o Printz Award pola súa novela debut Looking for Alaska, a cal se inspirou polo seu tempo na Indian Springs School e, en 2008, foi coautor de Let it snow (historias conectadas que pasan na época de Nadal), tamén nese ano saíu "Paper Towns".
No 2010 escribiu a súa novela máis coñecida, The Fault in Our Stars, que debutou no número 1 na lista dos máis vendidos do New York Times en xaneiro de 2012. En 2014 estreouse a súa adaptación cinematográfica, a cal foi un éxito entre adolescentes e adultos, quedando no nº1 da venda de entradas. En 2015 saíu a adaptación ao cine de Paper Towns (Cidades de papel) con Cara Delevingne e Nat Wolff nos papeis protagonistas.
Videoblogger
[editar | editar a fonte]Tamén é coñecido polos seus vídeos de YouTube. Green comezou en 2007, co lanzamento da canle VlogBrothers, que dirixe xunto ao seu irmán, Hank Green. Desde entón Green lanzou eventos como Project for Awesome e VidCon, e creou un total de 11 series on-line xunto co seu irmán, como Crash Course, unha canle educativa de YouTube de literatura, historia e ciencia.
Obras literarias
[editar | editar a fonte]- 2005, Looking for Alaska (Buscando a Alaska)
- 2006, An Abundance of Katherines (O Teorema Katherine)
- 2008, Paper Towns (Cidades de papel)
- 2008, Let It Snow: Three Holiday Romances (Noites Brancas) -con Maureen Johnson e Lauren Myracle
- 2010, Will Grayson, Will Grayson (Will e Will), con David Levithan
- 2012, The Fault in Our Stars (Baixo a mesma estrela)
- 2017, Turtles All the Way Down (Mil veces até sempre)
Relatos curtos
[editar | editar a fonte]- 2006, The Approximate Cost of Loving Caroline (parte de Twice Told: Orixinal Stories Inspired by Orixinal Artwork by Scott Hunt)
- 2007, The Great American Morp (parte de the 21 Proms anthology editado por David Levithan e Daniel Ehrenhaft)
- 2009, Freak the Geek (parte de Geektastic: Stories from the Nerd Herd)
- 2011, Reasons (parte de What You Wish For)
Obras adaptadas ao cine
[editar | editar a fonte]- The Fault in Our Stars (filme) (2014)
- Paper Towns (filme) (2015)
Producións
[editar | editar a fonte]- Paper Towns (filme) (2015)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en inglés)