John Casper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Casper
Datos persoais
Nacemento9 de xullo de 1943
LugarGreenville
NacionalidadeEstadounidense
Actividade
MisiónsSTS-36, STS-54, STS-62 e STS-77
Tempo no espazo34,41 días
PremiosDistinguished Flying Cross, Lexionario da Lexión do Mérito, Medalla do Aire e Medalha de Serviço Distinto da NASA
editar datos en Wikidata ]

John Howard Casper foi un astronauta e piloto de probas estadounidense que formou parte da tripulación das misións STS-36, STS-54, STS-62 e STS-77. Pasou un total de 34,41 días no espazo.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casper naceu o 9 de xullo de 1943 en Greenville, Carolina do Sur. É graduado en enxeñería pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos e en astronáutica pola Universidade Purdue. Está casado con Beth Taylor Casper e ten catro fillos.[1][2]

Foi seleccionado pola NASA en maio de 1984, converténdose oficialmente en astronauta en xuño de 1985. Participou nas misións STS-36, STS-54, STS-62 e STS-77 e pasou no espazo un total de 34,41 días.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "John H. Casper (Colonel, U.S. Air Force, Ret.) Special Assistant for Program Integration Orion Program Johnson Space Center" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2017. Consultado o 16 de setembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Casper, John Howard" (en inglés). Consultado o 16 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]