John Bartlett
John Bartlett | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de xuño de 1820 e 1820 |
Lugar de nacemento | Plymouth |
Falecemento | 3 de decembro de 1905 e 1905 |
Soterrado | Mount Auburn Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Ocupación | editor, editor literario e escritor |
Pai | William Bartlett |
Nai | Susan Bartlett |
Premios | AAAS Fellow |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
John Bartlett, nado en Plymouth (Massachusetts) en 1820 e finado en 1905, foi un escritor e editor norteamericano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi un neno esperto, que comezou a ler aos tres anos, e con nove leu toda a Biblia. Cando tiña dezaseis anos marchou a Cambridge (Massachusetts) e traballou na librería que fornecía a Harvard. En 1849 adquiriu a librería. Coñecido pola súa memoria para as citas, comezou a recollelas e en 1855 publicou a primeira edición de Familiar Quotations, que nas súas 258 páxinas tiña entradas de 169 autores, aínda que a terceira parte formábana citas da Biblia e das obras de William Shakespeare.
En 1862 vendeu a librería e durante a guerra civil americana serviu na U.S. Navy. En 1863 entrou na editorial Little, Brown and Company, e nese ano apareceu a cuarta edición do seu libro de citas por esa editorial, que segue a publicala e revisala actualmente.
Bartllet tamén escribiu libros de xadrez e pesca e compilou un libro de concordancias de Shakespeare, Complete Concordance to Shakespeare's Dramatic Works and Poems (1894), que aínda é o libro estándar da súa clase.