John Aubrey
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de marzo de 1626 (Xuliano) Malmesbury |
| Morte | 7 de xuño de 1697 (Xuliano) Oxford |
| Lugar de sepultura | St Mary Magdalen's Church, Oxford (en) |
| Educación | Trinity College |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Antigüidade, Escrita creativa e profesional e biografía |
| Lugar de traballo | Inglaterra |
| Ocupación | antropólogo, historiador, historiador da arte, anticuario, científico, ensaísta, escritor, biógrafo, arqueólogo, erudito |
| Membro de | Royal Society (1663–) |
| Familia | |
| Pai | Richard Aubrey |
| Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography The Nuttall Encyclopædia >>>:Aub′rey, John Encyclopædia Britannica |
John Aubrey, nado preto de Malmesbury (Wiltshire) o 12 de marzo de 1626 e finado en xuño de 1697, foi un anticuario e escritor inglés, máis coñecido por ser autor de breves pezas biográficas, usualmente coñecidas como Brief Lifes. Era membro dunha familia adiñeirada e famosa da zona. Educouse na escola gramática de Malmesbury, baixo a tutela de Robert Latimer, que tivera a Thomas Hobbes entre os seus primeiros alumnos. En casa do seu profesor, Aubrey deu por vez primeira co filósofo cuxa biografía redactaría máis adiante.