Johanna Döbereiner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johanna Döbereiner
Nacemento28 de novembro de 1924
Lugar de nacementoÚstí nad Labem
Falecemento5 de outubro de 2000
Lugar de falecementoSeropédica
NacionalidadeBrasil
Alma máterUniversidade de Múnic, Universidade de Wisconsin-Madison e Universidade da Flórida
Ocupaciónagrónoma e bióloga
PaiPaul Kubelka
PremiosOfficer's Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Premio México de Ciencia y Tecnología, TWAS fellow, Grã-Cruz da Ordem Nacional do Mérito Científico, UNESCO Science Prize e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Johanna Liesbeth Kubelka Döbereiner, nada en Ústí nad Labem o 28 de novembro de 1924 e finada en Seropédica (Brasil) o 5 de outubro de 2000, foi unha agrónoma pioneira en bioloxía do solo.

A súa investigación foi fundamental para que o Brasil conseguise a tecnoloxía Proalcool, converténdose no segundo produtor mundial de soia cun enorme impacto directo na economía nacional. O seu traballo coa fixación biolóxica do nitróxeno permitiu a miles de persoas comeren alimentos máis baratos e saudables, e por iso foi proposta como candidata ao Premio Nobel de 1997.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Johanna naceu en Ústí nad Labem, na República Checa, unha rexión de influencia alemá. O seu pai, Paul Kubelka, era un químico que sería arrestado por axudar os xudeus a escapar da persecución nazi.[1] A familia trasladouse a Praga, cando Johanna era nena, para que o seu pai se convertese en profesor de química na Universidade de Praga. Ademais da docencia, tamén tiña unha pequena fábrica de produtos químicos para o seu uso na agricultura.[2]

Licenciouse en Enxeñería Agrícola en 1950 pola Universidade de Múnic, e poucos meses despois trasladouse ao Brasil, onde foi contratada polo Instituto de Ecoloxía e Experimentación Agraria, "Centro Nacional de Investigación en Agrobioloxía de Embrapa", situado no municipio de Seropédia, no estado do Río de Xaneiro.[3] Obtivo o seu máster na Universidade de Wisconsin en 1963, e os dous anos seguintes impartiu cursos de microbioloxía do solo na Universidade de Florida e en Santiago de Chile.[4]

Os seus estudos sobre a fixación biolóxica do nitróxeno revolucionaron o cultivo da soia no Brasil, proporcionando unha tecnoloxía de xestión capaz de reducir ou mesmo eliminar a dependencia dos fertilizantes con nitróxenos dos cultivos, aforrando actualmente entre 1.000 e 2.000 millóns de dólares ao ano.[5] Esta tecnoloxía fai que moitos outros países gasten menos para producir soia. Tamén realizou importantes estudos no cultivo do azucre, onde descubriu o endófito Azospirillum, unha das especies que leva o nome. En 1988, escribiu sobre a asociación entre as bacterias endófitas fixadoras de nitróxeno Gluconacetobacter diazotrophicus e a cana de azucre. Os resultados máis espectaculares dos seus estudos con esta asociación observáronse con algunhas variedades de cana de azucre, capaces de produciren altos rendementos, por riba das 160 t/ha, con ata 200 kg de nitróxeno derivado da súa asociación simbiótica con esta bacteria. Johanna cos seus estudos levou ao descubrimento de 9 especies de bacterias fixadoras de nitróxeno asociadas a gramíneas, cereais e nardos.[3][5]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Membro de
  • Academia Brasileira de Ciencias
  • Academia Vaticana de Ciencias
  • Academia de Ciencias do Terceiro Mundo.ref
  • Vicepresidente da Academia Brasileira de Ciencias
  • membro da Pontificia Academia das Ciencias
  • 1979: gañador do Premio Bernardo Houssay da OEA
  • 1989: Premio de Ciencia da UNESCO
  • 1997: nomeada ao Premio Nobel de Química . [4]
  • doutora honoris causa pola Universidade de Florida e a Universidade Federal Rural de Río de Janeiro

Eponimia[editar | editar a fonte]

  • Azospirillum doebereinerae [6]
  • Gluconacetobacter johannae

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Folha do Meio Ambiente". web.archive.org. 2018-09-06. Archived from the original on 06 de setembro de 2018. Consultado o 2021-12-21. 
  2. Embrapa (ed.). "Johanna Döbereiner". 
  3. 3,0 3,1 Embrapa (ed.). "49 Anos Dedicados à Pesquisa em Microbiologia do Solo". 
  4. 4,0 4,1 FAPERJ. Homenagem à Johanna Dobereiner. 2002. A <http://www.faperj.br/boletim_interna.phtml?obj_id=354 Arquivado 10 de xuño de 2007 en Wayback Machine.> 11 d'agost de 2011
  5. 5,0 5,1 Página oficial do governo brasileiro (ed.). "Conheça as contribuições de Johanna Döbereiner para a ciência". 
  6. Bergey's Manual® of Systematic Bacteriology: Vol. II: The Proteobacteria. 2ª ed. de Springer, 1.388 pp. 2005 ISBN 0-387-24145-0, 9780387241456 pp. 25