Johann Olav Koss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Johann Olav Koss
Johann Olav Koss 1.jpg
Nacemento29 de outubro de 1968
 Drammen
NacionalidadeNoruega
Alma máterUniversidade de Toronto e Universidade de Queensland
Ocupaciónmédico e patinador de velocidade
CónxuxeBelinda Stronach
PremiosAftenposten Gold Medal, Fearnley award, Oscar Mathisen Award, Norwegian Sportsperson of the Year, Jonas Prize, Peer Gynt Literary Award, People sport prize, Knight of the 1st Class of the Royal Norwegian Order of Merit, Idrettsgallaens hederspris, Sports Illustrated Sportsperson of the Year e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Johann Olav Koss, nado en Drammen (condado de Buskerud) o 29 de outubro de 1968 é un patinador de velocidade retirado noruegués. Gañou catro medallas olímpicas de ouro, incluídas tres nos Xogos de 1994 celebrados no seu país. Reside en Toronto, Canadá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Johann Olav Koss naceu en Drammen (Noruega). Converteuse no campión noruegués júnior en 1987, mais non puido competir nos campionatos do mundo en 1986 ou en 1987. En 1988 debutou como sénior no campionato do mundo de Alma-Ata, mais non logrou clasificarse para a final. O ano seguinte acabou oitavo no mesmo torneo, terminando segundo nos 1500 m. A súa revelación tivo lugar en 1990 cando gañou o Campionato do Mundo en Innsbruck, Austria. Nos seguintes catro anos gañou outros dous títulos mundiais (1991 e 1994), ademais de acabar segundo en 1993 e terceiro en 1992. Gañou o European Allround Championships en 1991 e acabou segundo nas tres seguintes edicións. Koss tivo un total de vinte e tres vitorias na Copa do Mundo, gañando catro títulos (1500 m en 1990 e 1991, e a combinada 5000/10 000 m en 1991 e 1994).

Koss debutou nos xogos olímpicos en 1992, rematando sétimo nos 5000 m, cindo días despois dunha cirurxía a causa dunha inflamación do páncreas. Recuperouse para obter a vitoria nos 1500 m só 0,04 segundos por diante do seu compatriota Ådne Søndrål e a prata nos 10 000 m por detrás do neerlandés Bart Veldkamp.

En 1994, último ano da súa carreira na patinaxe de velocidade, Koss destacou por gañar tres medallas de ouro nos Xogos Olímpicos celebrados en Noruega, gañando todas as carreiras con récords do mundo, dous deles imbatidos ata a chegada dos patíns clap. Pola súa actuación, foi nomeado deportista do ano pola revista Sports Illustrated xunto con Bonnie Blair. Ademais, recibiu o Oscar Mathisen Award en tres ocasións (1990, 1991 e 1994).

Trala súa carreira como patinador, Koss preparouse como médico na Universidade de Queensland en Australia.[1] Foi nomeado embaixador de UNICEF e membro do [[Comité Olímpico Internacional (ata 2002). Casou coa política e empresaria canadense Belinda Stronach o 31 de decembro de 1999, mais divorciáronse en 2003.

En 2000, Koss fundou a organización humanitaria con base no Canadá Right To Play, que emprega o deporte e o xogo como ferramenta para o desenvolvemento da infancia e da mocidade nas áreas menos desenvolvidas do mundo. A organización opera en máis de vinte países, axudando máis dun millón de nenos cada semana e con apoios de máis de 620 membros en todo o mundo e máis de 14 900 adestradores voluntarios.[2]

Casou coa súa esposa, Jennifer Lee, en Nova York o 23 de maio de 2009. Chelsea Clinton, amiga de Lee, foi unha das damas de honor.[3] Lee é graduada no Harvard College, na Universidade de Oxford e na Harvard Business School, e unha antiga violoncellista que estudou en The Juilliard School. É neta de Kim Chung Yul,[4] antigo primeiro ministro de Corea do Sur e xefe das forzas armadas coreanas durante a guerra de Corea. Lee é a cofundadora da empresa BRIKA que vende produtos de artesáns.[5] Koss e Lee teñen catro fillos xuntos, Aksel, Annabelle, Andreas e Aleksander.

En novembro de 2009, despois de que o estadounidense Peter Mueller fose cesado como adestrado de Noruega por un comentario inapropiado contra un membro do equipo feminino, Koss foi nomeado adestrador xefe a pesar de non ter experiencia previa. O director deportivo Oystein Haugen dixo a Reuters que Koss fora unha revelación aínda que non tivese experiencia.[6]

Koss completou un MBA na Joseph L. Rotman School of Management da Universidade de Toronto no Canadá. Recibiu doutoramentos honorarios por varias universidades (Universidade Brock, Universidade de Calgary, Vrije Universiteit de Bruxelas, Universidade de Agder).[2] O 1 de xullo de 2015, Koss foi nomeado membro honorario da Orde do Canadá.[7]

Nos Xogos Olímpicos de 2018, Koss foi incluído no proxecto "Olympians for Life" por empregar o deporte para facer un mundo mellor.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Olympians at UQ" (PDF). Uq.edu.au. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xuño de 2011. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "People". Righttoplay.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 2 de agosto de 2016. 
  3. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2009. Consultado o 24 de maio de 2009. 
  4. "Kim Chung Yul, 75, South Korean Premier". Nytimes.com. 9 de setembro de 1992. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  5. "BRIKA - A Well-Crafted Life". Brika.com. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  6. "Olympics 2018". Nbcolympics.com. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  7. "The Governor General of Canada". Gg.ca. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  8. Olympians for Life Inductees

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Eng, Trond. All Time International Championships, Complete Results: 1889 - 2002. Askim, Norway: WSSSA-Skøytenytt, 2002.
  • Eng, Trond; Gjerde, Arild and Teigen, Magne. Norsk Skøytestatistikk Gjennom Tidene, Menn/Kvinner, 1999 (6. utgave). Askim/Skedsmokorset/Veggli, Norway: WSSSA-Skøytenytt, 1999.
  • Eng, Trond; Gjerde, Arild; Teigen, Magne and Teigen, Thorleiv. Norsk Skøytestatistikk Gjennom Tidene, Menn/Kvinner, 2004 (7. utgave). Askim/Skedsmokorset/Veggli/Hokksund, Norway: WSSSA-Skøytenytt, 2004.
  • Eng, Trond and Teigen, Magne. Komplette Resultater fra offisielle Norske Mesterskap på skøyter, 1894 - 2005. Askim/Veggli, Norway: WSSSA-Skøytenytt, 2005.
  • Teigen, Magne. Komplette Resultater Norske Mesterskap På Skøyter, 1887 - 1989: Menn/Kvinner, Senior/Junior. Veggli, Norway: WSSSA-Skøytenytt, 1989.
  • Teigen, Magne. Komplette Resultater Internasjonale Mesterskap 1889 - 1989: Menn/Kvinner, Senior/Junior, allround/sprint. Veggli, Norway: WSSSA-Skøytenytt, 1989.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]