Johann Joachim Becher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johann Joachim Becher
Johann Joachim Becher
Johann Joachim Becher
Nacemento: 6 de maio de 1635
Speyer Alemaña Alemaña
Falecemento: Outubro de 1682
Londres Inglaterra Inglaterra
Nacionalidade: Alemá Alemaña
Ocupación: médico, alquimista, economista e aventureiro

Johann Joachim Becher, nado en Speyer o 6 de maio de 1635 e finado en outubro de 1682, foi un médico, alquimista, economista e aventureiro alemán, coñecido por ser o pai da teoría do floxisto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seu pai, pastor da luterano, morreu mentres el era neno, deixando á súa nai viúva con tres nenos. Becher tivo que se dedicar a procurar sustento para a súa familia, traballando nos máis variados oficios desde os trece anos e estudando polas noites. En 1654, ós dezanove anos, publicou unha edición do Tractatus de lapide trismegisto de Salzthal. En 1600 publicou Metallurgia, nos anos seguintes seguiron Character pro notitia linguarum universali, na que establecía un corpus de 10.000 palabras que se podían usar como lingua universal. En 1663 publicou Oedipum Chemicum e un libro sobre animais, plantas e minerais (Thier- Kräuter- und Bergbuch).

Foi profesor de medicina da Universidade de Mainz desde 1657 e médico persoal do arcebispo-elector. Como economista cameralista, obtivo do emperador Leopoldo I a creación do Consello de Comercio de Viena, e mesmo proxectou a creación dunha Compañía Oriental de Comercio, pero o sitio de Viena en 1683 fíxoo imposible. Nunha misión que lle encomendara o emperador nos Países Baixos escribiu en dez días Methodus Didactica, ó que lle seguiu Regeln der Christlichen Bundesgenossenschaft e Politischer Discurs von den eigentlichen Ursachen des Auf- und Abnehmens der Städte, Länder und Republiken. En 1669 publicou Physica subterranea.

Entrementres o elector de Baviera nomeouno o seu médico persoal, pero en 1670 estaba de novo en Viena. En 1678 cruzou Inglaterra, viaxou por Escocia, onde visitou minas por encargo do Príncipe Ruperto e despois estivo en Cornualles durante un ano co mesmo propósito. En 1682 volveu a Londres, onde escribiu Chymischer Glücks-Hafen, Oder Grosse Chymische Concordantz Und Collection, Von funffzehen hundert Chymischen Processen. Alí morreu en outubro dese ano.

Becher foi o pai da teoría do floxisto, baseada na crenza de que cando unha substancia arde, outra, a terra pinguis. Este concepto sentou as bases para que Georg Stahl deducira a teoría do floxisto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Este artigo incorpora texto da Encyclopædia Britannica Eleventh Edition, unha publicación agora no dominio público.
  • SMITH, P. (1994). The Business of Alchemy: science and culture in the Holy Roman Empire.