Johann Cristoph Adelung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johann Cristoph Adelung
Johann Christoph Adelung.jpg
Nacemento8 de agosto de 1732 e 1732
Lugar de nacementoSpantekow
Falecemento10 de setembro de 1806 e 1806
Lugar de falecementoDresden
SoterradoDresden
NacionalidadeReino de Prusia
Alma máterUniversidade de Halle-Wittenberg e Kloster Berge school
Ocupaciónlexicógrafo, filólogo, bibliotecario, lingüista, tradutor e escritor
PaiJohann Paul Adelung
Coñecido porGrammatisch-kritisches Wörterbuch der hochdeutschen Mundart
editar datos en Wikidata ]
Johann Cristoph Adelung.

Johann Cristoph Adelung, nado en Spantekow bei Anklam o 8 de agosto de 1732 e finado en Dresden o 10 de setembro de 1806, foi un filólogo alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo estudos de Teoloxía, e en 1759 comeza a dar clases de teoloxía en Erfurt, pero os seus traballos centráronse no estudo da lingua alemá. As súas obras gozaron de gran difusión e foron declaradas obrigatorias nas escolas de case todos os estados alemáns. Autor do primeiro dicionario exhaustivo e académico do alemán (Grammatisch-kritischen Wörterbuch der hochdeutschen Mundart), empregado como obra de referencia por grandes autores como Goethe e Schiller, contribuíndo considerablemente á estandarización do alemán.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Grammatisch-kritischen Wörterbuch der hochdeutschen Mundart (1774-86, dicionario etimolóxico)
  • Kleines Wörterbuch für die Aussprache, Orthographie, Biegung und Ableitung (1788)
  • Directorium diplomaticum (1802)
  • Glossarium manuale ad scriptores mediae et infimae latinitatis (1772)
  • Deutsche Sprachlehre für Schulen (1781)
  • Umständliches Lehrgebäude der deutschen Sprache (1782)
  • Über den deutschen Stil (1785-86)
  • Anweisung zur Orthographie (1788, obra que ditou as directrices ortográficas da lingua literaria do século XIX)
  • Magazin für die deutsche Sprache (1782-84)
  • Mithridates, oder allgemeine Sprachenkunde (1806)