Johann Christian Brand
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de marzo de 1722 Viena |
| Morte | 12 de xuño de 1795 Viena |
| Educación | Academia de Belas-Artes de Viena (pt) |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Viena |
| Ocupación | pintor, debuxante, pintor de paisaxes, gravador, artista |
| Xénero artístico | Pintura paisaxística |
| Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich, (vol:2, p.110) Neues allgemeines Künstler-Lexicon (en) |
Johann Christian Brand, nado o 6 de marzo de 1722 en Viena, e finado o 12 de xuño de 1795 na mesma cidade, foi un pintor austríaco, irmán de Friedrich August Brand e fillo de Christian Hilfgott Brand, tamén pintores.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De estilo barroco, as súas obras marcan a transición de fins do século XVIII.
Comezou traballando no taller do seu pai e estudou na Academia de Belas Artes de Viena, onde foi profesor logo. De 1751 a 1756 viviu en Hungría e cando volveu a Austria, traballou como pintor da corte.[2]