Joel Roca
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de xullo de 2005 Camprodon |
| Altura | 1,76 m |
| Actividade | |
| Ocupación | futbolista |
| Nacionalidade deportiva | España |
| Deporte | fútbol |
Joel Roca Casals, nado en Camprodon o 7 de xuño de 2005, é un futbolista español que xoga principalmente como extremo esquerdo no Mirandés, da Segunda División, cedido polo Girona.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido en Camprodon, formouse como futbolista nas canteiras do UE Campodron, o FC Barcelona e o Girona. En setembro de 2021, con só 16 anos, debutou co filial deste último na Terceira División RFEF.[1]
O 26 de agosto de 2022 debutou co primeiro equipo do Girona na Primeira División, nun partido ante o Celta de Vigo.[2] En agosto de 2023, pouco despois de recuperarse dunha lesión muscular no bíceps femoral,[3] sufriu unha grave lesión nun xeonllo que o mantivo apartado dos terreos de xogo durante toda a tempada 2023/24.[4]
En agosto de 2024, tras recuperarse totalmente, foi cedido ao Mirandés, da Segunda División.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Joel Roca: el jugador del Girona que va un pas més endavant" (en castelán). 29 de setembro de 2021. Consultado o 24 de decembro de 2024.
- ↑ "El Celta apaga l’estat de gràcia del Girona (0-1)" (en castelán). 26 de agosto de 2022. Consultado o 24 de decembro de 2024.
- ↑ "Joel Roca, lesionado con el filial" (en castelán). 12 de marzo de 2023. Consultado o 24 de decembro de 2024.
- ↑ "Joel Roca dice adiós a la temporada" (en castelán). 10 de agosto de 2023. Consultado o 24 de decembro de 2024.
- ↑ "Joel Roca, cedit al Mirandés" (en castelán). 20 de agosto de 2024. Consultado o 24 de decembro de 2024.