Joe Sugg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joe Sugg
Joe Sugg by Gage Skidmore.jpg
Nacemento8 de setembro de 1991
 Wiltshire
NacionalidadeReino Unido
OcupaciónYoutuber
IrmánsZoella
editar datos en Wikidata ]

Joseph Graham "Joe" Sugg, nado en Wiltshire o 8 de setembro de 1991, é un youtuber e escritor británico, coñecido polas súas canles de YouTube, ThatcherJoe, ThatcherJoeVlogs e ThatcherJoeGames.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Tracey e Graham Sugg, é irmán menor da tamén youtuber Zoe Sugg, coñecida en YouTube como Zoella.[1] Sugg traballou colocando tellados de palla, ademais da súa carreira en Youtube.[2] Desde 2014 até principios de 2016, Sugg viviu nun apartamento en Londres xunto ao seu amigo e tamén youtuber Caspar Lee.[3]

Sugg creou a súa canle ThatcherJoe en novembro de 2011, e desde febreiro de 2016 conta con máis de 6,1 millóns de subscritores e máis de 592 millóns de reproducións.[4][5] Os seus vídeos consisten en desafíos, bromas, e imitacións. Sugg tamén creou YouTuber Innuendo Bingo, similar a un segmento da BBC Radio 1, e máis tarde foi convidado a participar no segmento da BBC Radio 1.[6]

Música[editar | editar a fonte]

Sugg formou parte do proxecto 'YouTube Boyband', o cal recadou diñeiro para Cómic Relief e foi presentado por The Guardian.[7][8] No 2014, Sugg tamén participou no single «Do They Know It's Christmas?» como parte do supergrupo de caridade "Band Aid 30", nunha recadación de diñeiro para a epidemia do virus Ébola en África Occidental.[9][10][11]

Cine[editar | editar a fonte]

En 2015, Sugg, xunto con Lee, realizou un cameo de voz na versión británica da película cómica Bob Esponxa: Un heroe fose da auga, como unha das gaivotas. O 23 de novembro de 2015 saíu á venda a súa película "Joe and Caspar Hit the Road", protagonizada por Caspar Lee e por el, e cuxa premier mundial foi o 22 de novembro en Londres

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]