Joaquín Arias Sanjurjo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoaquín Arias Sanjurjo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de abril de 1860 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de setembro de 1946 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 6273

Joaquín Arias Sanjurjo Pardiñas, nado en Santiago de Compostela o 1 de abril de 1860 e finado na mesma cidade o 1 de setembro de 1946[1], foi un avogado, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membros do SEG en 1928: De esquerda a dereita na fileira de atrás: Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco, Carballo Calero, Xosé Filgueira Valverde, Sebastián García Paz, Luís Pintos Fonseca, Antón Fraguas, Bibiano Fernández Osorio-Tafall. Sentados: Isidro Parga Pondal, Abelardo Moralejo Laso, Xesús Carro García, Salvador Cabeza de León, Joaquín Arias Sanjurjo, Xerardo Álvarez Limeses e Juan Novás Guillán.

Fillo de Antonio Arias Armesto e Efigenia Sanjurjo Pardiñas. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e foi un intelectual preocupado polos problemas do campo. En 1887 encargouse da dirección do xornal Gaceta de Galicia por un breve período[2]. Instalado en Ferreira de Pantón, foi elixido presidente do Comité Republicano de Monforte de Lemos en 1903[3]. Presidente da Sociedad de Agricultores del Ayuntamiento de Monforte, interveu nas Asembleas de Monforte e en Solidaridad Gallega. En 1909 presentouse como candidato nas eleccións á Deputación Provincial con Juan Golpe e Casares Quiroga e foi o único solidario que conseguiu a vitoria, sendo elixido polo distrito Monforte-Quiroga na Deputación de Lugo. Ao finalizar a súa etapa de deputado escribiu un Manifiesto en contra das deputacións provinciais, en particular contra a de Lugo. En 1915 colaborou coa revista España de Madrid, de orientación melquiadista. En 1918, despois da presentación dos candidatos galeguistas próximos á Lliga catalá, escribiu un novo Manifiesto a las sociedades de labradores de Galicia y a los regionalistas de raza y abolengo gallego que no se hallen alquilados a la plutocracia barcelonesa o alistados en las clientelas de las oligarquías seudopolíticas de Madrid. Nos anos vinte volveu instalarse en Santiago de Compostela. Na Segunda República foi elixido Vicepresidente do Centro Radical Republicano de Santiago de Compostela en 1932[4] e concelleiro e tenente de alcalde do concello de Santiago (1934-1935)[5]. Publicou numerosos artigos que recolleu coa denominación xeral de Papeletas e Papeletas cervantinas, e outros relacionados coa historia de Galicia, mosteiros e vías romanas. Colaborou en El Eco de Santiago e Arquivos do Seminario de Estudios Galegos.

Foi noivo de Alejandra Martínez-Murguía de Castro, filla de Rosalía de Castro e Manuel Murguía[6], mais non chegaron a casar, ao pouco de finar Rosalía, porque Murguía disuadiu a Alejandra[7].

Obras[editar | editar a fonte]

  • El reino de Aregia, 1928.
  • El Castillo de Litoria y otras menudencias orensanas, 1932.
  • Novena sobre el Estatuto de Galicia, 1932.
  • Décima sobre el problema social de nuestro tiempo, 1933.
  • Sobre el actual problema ferroviario de Galicia, 1935.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Noche, 2-9-1946, p. 2.
  2. Gaceta de Galicia, 2-5-1887, p. 2.
  3. El Regional, 30-10-1903, p. 2.
  4. El Compostelano, 23-5-1932, p. 2.
  5. El Compostelano, 19-11-1934, p. 1.
  6. "Xenealoxía Rosalía de Castro". Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2013. Consultado o 14 de maio de 2014. 
  7. Naya Pérez, J. (1974). "El final de una estirpe: Rosalía de Castro y Manuel Murguía". Boletín da Real Academia Galega XXXI (356): 24–42. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 31 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]