Quim Torra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Joaquim Torra i Pla")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Quim Torra i Pla
Quim Torra
Quim Torra

Actualmente no cargo
Dende o 14 de maio de 2018
Precedido por Carles Puigdemont

Datos persoais
Nacemento 28 de decembro de 1962
Blanes
Pais España
Cónxuxe/s Carola Miró
Profesión xornalista e político

Joaquim Torra i Pla, coñecido como Quim Torra, nado en Blanes o 28 de decembro de 1962, é un avogado, editor, escritor e político catalán. Desde o 17 de xaneiro de 2018 é deputado no Parlamento de Cataluña na XII lexislatura pola coalición electoral Junts per Catalunya.[1] O 14 de maio de 2018 foi investido como o presidente 151 da Generalitat de Catalunya.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou durante vinte anos na empresa privada, dous deles na Suíza, na central dunha multinacional de seguros.[3] Actualmente dedícase á escritura e a edición a través do seu editorial A Contra Vent Editors, desde onde empezou a desenvolver unha intensa actividade de recuperación da tradición literaria e xornalística catalana, especialmente da época da Segunda República Española e o exilio.

O 8 de outubro de 2009 obtivo o premio Carles Rahola de ensaio pola súa obra Viatge involuntari á Catalunya impossible, no marco dos Premios Literarios de Xirona, onde tamén se outorga o premio Prudenci Bertrana de novela. Neste ensaio rescata a obra e a traxectoria de varios xornalistas cataláns da época da Segunda República Española, como Just Cabot, Francisco Madrid, Ángel Ferran, Luís Capdevila e Manuel Fontdevila.

Vinculado ao movemento soberanista catalán, o 30 de abril de 2011 foi elixido ao consello permanente da Asemblea Nacional Catalana e tamén foi vicepresidente de Òmnium Cultural.[4] En 2012 foi nomeado director do Born Centro Cultural.[5] Como director do mesmo dirixiu o proceso de musealización das ruínas que se conservan no chan do antigo mercado, que corresponden á Barcelona de 1716. Tamén colabora na revista dixital Esguard. En 2015 foi nomeado presidente de Òmnium Cultural en substitución de Muriel Casals até decembro dese ano, cando foi substituído por Jordi Cuixart.

O 14 de maio de 2018 foi investido presidente da Generalitat de Cataluña en segunda votación e por maioría simple (66 votos a favor (Junts per Catalunya e Esquerra Republicana de Catalunya), 65 votos en contra (Ciutadans, PSC, Catalunya en Comú-Podem e PP) e 4 abstencións (CUP)).

Notas[editar | editar a fonte]