Joaquín Gago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joaquín Gago
Nacemento1 de setembro de 1955
 Vilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Joaquín Gago López, nado o 1 de setembro de 1955 en Vilagarcía de Arousa, é un político galego que foi alcalde da súa vila natal durante dezaseis anos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en dereito, foi militante do PSdeG, e iniciou a súa carreira en 1983 como concelleiro en Vilagarcía de Arousa. En 1987 é nomeado delegado provincial da Consellería de Obras Públicas na provincia de Pontevedra polo daquela conselleiro Antolín Sánchez Presedo. Permanece nese cargo ata 1990, cando Manuel Fraga gaña as eleccións, e en 1991 accede ao cargo de alcalde de Vilagarcía.

Neste posto permanecerá ata 2007, cando decide non presentarse á reelección. Ademais, foi deputado no Congreso dos Deputados de España entre os anos 1996 e 2000, cargo que simultaneou coa alcaldía.

Trala súa retirada da primeira liña política ocupou o cargo de presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, entre 2007 e 2009, nomeado por Emilio Pérez Touriño. Co remate do goberno bipartito, accedeu ao posto de secretario municipal no concello de Catoira por uns meses, ata que en febreiro de 2010 foi nomeado presidente de Remolques Marítimos, a empresa pública estatal de remolcadores[1].


Predecesor:
José Luis Rivera Mallo
 Vilagarcía de Arousa.svg
alcalde de Vilagarcía de Arousa
 
1991-2007
Sucesor:
Enrique León Calviño
Predecesor:
Suso Paz
 Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía 
20072009
Sucesor:
Javier Puertas

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]