Joaquín Freyre de Andrade y Valverde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Joaquín Freyre de Andrade y Valverde
Nacemento 31 de xullo de 1882
  A Coruña
Falecemento 18 de febreiro de 1972
  A Coruña
Nacionalidade española

Joaquín Freyre de Andrade y Valverde, nado na Coruña o 31 de xullo de 1882 e finado na mesma cidade o 18 de febreiro de 1972, foi membro de numero da Real Academia Galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No pazo de Meirás asistiu Freyre aos faladoiros da Pardo Bazán.

Doutorouse en Filosofía e Letras en Madrid, onde gañou unha cátedra na Escuela de Estudios Especiales del Ateneo. Foi número un no concurso para a cátedra de Lingua e Literatura españolas na Escola Superior de Pforzheim, Alemaña. En 1909 obtivo unha bolsa da JAE para estudar en Roma e Florencia.[1] De volta na Coruña colaborou con El Orzán, así como noutros xornais e revistas. Tivo amizade coa familia de Emilia Pardo Bazán e asistiu aos seus faladoiros en Madrid e no Pazo de Meirás, o que lle valeu coñecer e tratar ás personalidades da literatura da época.[2]

Foi membro da Real Academia Galega de Belas Artes dende o 11 de xuño de 1949, inda que non chegou a presentar discurso de ingreso e a súa praza declarouse deserta en 1953.[3] Presidiu a Reunión Instructiva y Recreativa de Artesanos (1951-1953).

Despois de ser correspondente durante corenta anos, ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 30 de novembro de 1956, a proposta de Manuel Casás Fernández, Leandro Carré Alvarellos e Francisco Vales Villamarín, co discurso "Linares Rivas, dramaturgo contemporáneo", relativo ao santiagués Manuel Linares-Rivas Astray, lido por Julio Rodríguez Yordi (Freyre estaba afónico),[4] respondido por Carré.[5]

Segundo José Luis Bugallal Marchesi, por desgana, non deixou obra impresa.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]