Joaquín Cortizo
Joaquín Cortizo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Joaquín Cortizo Rosendo | ||
Nacido | 4 de outubro de 1932 | ||
Lugar | Ribadavia | ||
Falecido | 4 de xaneiro de 2018 | ||
Lugar | Las Infantas | ||
Posición | defensa | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Joaquín Cortizo Rosendo, chamado Cortizo, nado en Ribadavia o 4 de outubro de 1932, e finado en Las Infantas (Xaén) o 4 de xaneiro de 2018,[1] foi un futbolista galego que xogaba de defensa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Debutou en Primeira División no Celta de Vigo, o 14 de abril de 1957, nun partido contra o Valencia que os celestes gañaron 2-1[2]. Xogou na máxima categoría do fútbol español masculino durante dez tempadas, dúas co Celta e oito co Real Zaragoza, que naquela altura era un club de moita relevancia onde xogaban os chamados "Cinco Magníficos": Canário, Santos, Marcelino, Villa e Lapetra. Finalizou a súa carreira deportiva no Real Jaén, co que conseguiu o ascenso a Segunda División en 1967.
Cortizo ostenta o récord de recibir a sanción máis dura do fútbol español, pois suspendérono durante 24 partidos: o 27 de decembro de 1964, nun encontro do Zaragoza contra o Atlético de Madrid, ao defender un balón supostamente partiulle a perna ao dianteiro colchoneiro Enrique Collar. Cortizo negou que lle fixese falta, e o árbitro non apreciou gravidade na entrada e non o expulsou. Mais posteriormente o Comité de Competición aplicoulle a sanción que lle acabaría custando 15 partidos de Liga e 9 de Copa. O Comité de Competición estaba presidido por Ramón María del Arroyo, vicepresidente do Atlético de Madrid[3].
Logo de retirarse foi secretario técnico e presidente do Jaén[4] entre 1987 e 1990.
Clubs[editar | editar a fonte]
Club | Tempadas |
---|---|
Real Club Celta de Vigo | 1956/57 a 1957/58 |
Real Zaragoza | 1958/59 a 1965/66 |
Real Jaén | 1966/67 a 1967/68 |
Palmarés[editar | editar a fonte]
Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]
Título | Club | Ano |
---|---|---|
Copa do Xeneralísimo | Real Zaragoza | 1963/64 |
Copa do Xeneralísimo | Real Zaragoza | 1965/66 |
Terceira División | Real Jaén | 1966/67 |
Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]
Título | Club | Ano |
---|---|---|
Copa de Feiras | Real Zaragoza | 1963/64 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Fallece Joaquín Cortizo, integrante de Los Magníficos". As (en castelán). 4 de xaneiro de 2018.
- ↑ Joaquín Cortizo. Grandes y pequeños jugadores del Celta
- ↑ "¿Crimen? y castigo", artigo en Faro de Vigo, 26 de abril de 2009 (en castelán).
- ↑ Joaquín Cortizo Rosendo: 'Sanciones así te marcan, porque no habrá otra igual en la vida'.[Ligazón morta] Diario Jaén. 8/05/2009