Saltar ao contido

Joaquín Bouzamaior Gato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoaquín Bouzamaior Gato
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor en Wikidata
Trasancos Editar o valor en Wikidata
Morte26 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (29/30 anos)
O Val Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmecánico, sindicalista, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 11803

Joaquín Miguel Bouzamaior Gato, nado en Trasancos (Narón) cara a 1906 e finado no Val o 26 de agosto de 1936, foi un mecánico, sindicalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mecánico. Afiliado á UGT, foi fundador, secretario,[1] e despois presidente do Sindicato Agrario e de Oficios Varios de Trasancos. Militante socialista, foi elixido presidente da Agrupación Socialista de Narón en setembro de 1935.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o 19 de agosto unha partida de falanxistas e gardas civís sacárono da casa e paseárono o 26 de agosto con José María Díaz Díaz, José López Leira e outros dous veciños na estrada de Santa Margarita no Val. Foi soterrado no cemiterio do Val.[3]

  1. BOP A Coruña,23-3-1934, p. 2.
  2. El Obrero, 19-10-1935, p. 2.
  3. Fosa en el cementerio de Santa María a Maior do Val

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]