Joanna Newsom
(2014) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Joanna Caroline Newsom 18 de xaneiro de 1982 Grass Valley, Estados Unidos de América (pt) |
| Residencia | Os Ánxeles |
| Relixión | Cristianismo |
| Educación | Mills College Nevada Union High School (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Composición musical |
| Ocupación | cantautora, pianista, actriz de televisión, actriz de cinema, clavicembalista, compositora, música, cantante, actriz, artista discográfica |
| Período de actividade | 2002 |
| Xénero artístico | Música tradicional e música vangardista |
| Influencias | |
| Tesitura | Soprano |
| Instrumento | Piano, arpa e voz |
| Selo discográfico | Drag City |
| Familia | |
| Cónxuxe | Andy Samberg (2013–) |
| Parella | Bill Callahan (–2007) |
| Fillos | Rachel Samberg ( |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
| Sitio web | dragcity.com… |
Joanna Caroline Newsom, nada o 18 de xaneiro de 1982,[1] é unha multiinstrumentista, cantautora e actriz estadounidense. Newson naceu e medrou no norte de California e recibiu formación clásica de arpa na súa mocidade, comezando a súa carreira musical como teclista na banda indie baseada en San Francisco The Pleased.
Despois de gravar e autoeditar dous EPs en 2002, Newsom asinou co selo independente Drag City. O seu álbum de estrea, The Milk-Eyed Mender, foi editado en 2004 con moi boas críticas, conseguindo Newsom fans na escena underdround. Recibiría unha maior exposición co lanzamento de Ys (2006), que ocupou o número 134 da Billboard 200 e foi nomeada para o Shortlist Music Prize de 2007.[2] Newson publicou dous álbums máis: Have One on Me (2010) e Divers (2015).
Newsom foi destacada pola crítica polo seu estilo musical único, ás veces caracterizado como folk psicodélico, e o seu destacado uso da arpa. Tamén traballou como actriz, con papeis na serie de televisión Portlandia e no filme Inherent Vice (2014) de Paul Thomas Anderson.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| The Milk-Eyed Mender | 2004 | Drag City |
| Ys | 2006 | Drag City |
| Have One on Me | 2010 | Drag City |
| Divers | 2015 | Drag City |
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 2008 | The Sky Crawlers | voz | |
| 2009 | MGMT - Kids | nai | |
| 2012 | Portlandia | arpista | 1 capítulo |
| 2014 | Inherent Vice | Sortilège | |
| 2016 | Popstar: Never Stop Never Stopping | Steam Punk Doctor | |
| 2021 | Brooklyn Nine-Nine | Caroline Saint-Jacques Renard |
- ↑ "Happy 40th Birthday Joanna Newsom - Glide Magazine". Glide Magazine (en inglés). Consultado o 2024-12-23.
- ↑ "Shortlist Music Prize finalists announced". The Hollywood Reporter (en inglés). 2007-05-01. Consultado o 2024-12-23.