Joana Amaral Dias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joana Amaral Dias
Joana Amaral Dias na VI Convenção Nacional do Bloco de Esquerda (cropped).jpg
Nome completoJoana Beatriz Nunes Vicente Amaral Dias
Nacemento1 de xaneiro de 1975
Lugar de nacementoLuanda
NacionalidadePortugal
Alma máterUniversidade de Coímbra
Ocupaciónpsiquiatra e política
PaiCarlos Amaral Dias
editar datos en Wikidata ]

Joana Beatriz Nunes Vicente Amaral Dias, nada en Luanda, o 13 de maio de 1975, é unha psicóloga e política portuguesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do médico psicanalista e psiquiatra Carlos Amaral Días e da súa primeira dona Teresa Maria de Castro Nunes Vicente, é licenciada en psicoloxía pola Universidade de Coímbra, onde realizou o mestrado en psicoloxía clínica do desenvolvemento. É asistente no Instituto Superior de Psicoloxía Aplicada, en Lisboa.

Participa semanalmente no programa Directo ao Asunto e regularmente no programa de debates Viceversa, ambos os da canle de información RTPN, alén de asinar unha columna no Correo da Mañá e dominicalmente na revista Vidas, pertencente ao mesmo xornal, escribe sobre cinema. É unha das comentaristas permanentes do programa "Banho de Bóla" da Abola TV.

Militante do Bloco de Esquerda foi Deputada na Asemblea da República por esa formación entre 2002 e 2005. En 2006, apoiou a Mário Soares nas eleccións presidenciais portuguesas de 2006 como mandataria nacional da súa candidatura malia seguir formando parte do BE[1] , o que levou a fortes críticas de diversos dirixentes da súa formación.[2] En maio de 2014 Joana Amaral Días deixou o Bloco de Esquerda, e dous días despois participou como oradora nunha convención do Partido Socialista, convidada polo dirixente António Costa. A fins de ano entrou no movemento "Junto Podemos" que abandonou en marzo de 2015 para constituír o grupo político Agir, co que se presenta en coalición co Partido Trabalhista Português e o Movimento Alternativa Socialista ás eleccións lexislativas de outubro de 2015.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Francisco Almeida Leite "BE junta-se a nós na segunda volta". Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Diário de Notícias, 9 de decembro de 2005.
  2. "Pedro Correia. "Bloquistas criticam Joana Amaral Dias e Louçã". Diário de Notícias, 24 de setembro de 2005". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 26 de agosto de 2015. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]