Joan Wallach Scott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joan Wallach Scott
Joan scott1.jpg
Nacemento18 de decembro de 1941
 Brooklyn
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Wisconsin-Madison e Universidade Brandeis
Ocupaciónhistoriadora, catedrática e labor historian
FillosA. O. Scott
PremiosTalcott Parsons Prize, Herbert Baxter Adams Prize, honorary doctor of Harvard University e Hans Sigrist Prize
editar datos en Wikidata ]

Joan Wallach Scott ou Joan Scott, nada o 18 de decembro de 1941 en Brooklyn, é unha historiadora estadounidense, cuxo traballo, inicialmente dedicado á historia francesa (movemento obreiro e historia intelectual) foi dirixido na década de 1980 para a historia das mulleres a partir da perspectiva de xénero.[1] En 2018 ocupaba a cadeira Harold F. Linder no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton.

Entre súas publicacións máis notábeis está o artigo ""Xénero: unha categoría útil de análise histórica"", publicado en 1986 no American Historical Review. Este artigo, "sen dúbida, un dos artigos máis lidos e citados na historia da revista"[2], foi esencial na formación dun campo de historia de xénero dentro dos estudos históricos angloamericanos.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse na Universidade Brandeis, en 1962. En 1969, obtivo o seu Ph.D. pola Universidade de Wisconsin. Ensinou na Universidade de Illinois en Chicago, na Universidade Northwestern, na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, na Universidade de Rutgers e na Universidade Johns Hopkins. Tras ocupar brevemente o cargo de directora de estudos asociados á École des Hautes Études en Sciences Sociales (en 1984), obtivo en 1985 a cadeira Harold F. Linder do Instituto de Estudos Avanzados. En xaneiro de 2006, entrou a formar parte do consello editorial de The Journal of Modern History.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]