Joan Sutherland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoan Sutherland

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Joan Alston Sutherland Editar o valor em Wikidata
7 de novembro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Sydney, Australia Editar o valor em Wikidata
Morte10 de outubro de 2010 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInsuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Clarens Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal College of Music (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1947 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoÓpera Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano, Soprano coloratura e mezzosoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoDecca Records Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRichard Bonynge (1954–2010)
PaisHugh Reskymer Bonython (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Julianne McClure (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0840116 Spotify: 57ut70dPEUxC1dk83YY3hY Musicbrainz: dd5ef185-fc41-425d-8bd9-a5a600a8cc17 Discogs: 838930 Allmusic: mn0000370252 WikiTree: Sutherland-5343 Find a Grave: 60074686 Editar o valor em Wikidata

Dame Joan Alston Sutherland, nada en Sidney o 7 de novembro de 1926 e finada en Les Avents (preto de Montreux, Suíza) o 10 de outubro de 2010[1], foi unha soprano australiana de coloratura, notable pola súa contribución ao renacemento do bel canto dende finais da década de 1950 ata a década de 1980. Retirouse en 1990.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira en 1947 cantando en Sidney o papel principal de Dido and Aeneas, de Henry Purcell. Seguiu co repertorio barroco interpretando papeis de importancia en Samson de Händel e Judith de Goossens. En 1952 debutou en Europa cantando no Royal College of Music británico a Giorgetta de Il Tabarro de Puccini, e despois debutou na Royal Opera House, coa a primeira dama en Die Zauberflöte de Mozart. Esa interpretación foi un éxito e deseguido foi contratada para realizar máis papeis como Amelia en Un ballo in maschera, a sacerdotisa de Aida de Verdi, e mesmo a Clotilde de Norma xunto con Maria Callas no papel principal.[2]

Demostrou a súa valía como soprano na condesa de Le nozze di Figaro, mais continuou a ter papeis secundarios como Lady Rich en Gloriana de Britten ou Frasquita en Carmen de Bizet.

Carreira[editar | editar a fonte]

En 1954, realizou papeis máis consistentes en óperas como Aida ou Agatha, e tamén cantou a Antonia de Les contes d'Hoffmann, o cal resulta curioso debido a que tiña o rango de soprano coloratura, moito mellor para outra personaxe da obra, Olympia. Anos máis tarde gravou os catro papeis feminios da obra xunto a Plácido Domingo.

Cantou na temporada londiniense papeis importantes como a Micaela de Carmen, a Gilda de Rigoletto ou a Desdémona de Otello, de Verdi. Aínda que a súa carreira estaba centrada en Europa, cantou tamén nos Estados Unidos papeis como a Donna Anna de Don Giovanni, de Mozart. Con todo, o punto de inflexión da súa carreira foi Lucia di Lammermoor, que cantou en febreiro de 1959 en Londres nunha produción de Franco Zeffirelli baixo a batuta de Tullio Serafin. O enorme éxito da representación, converteuna nunha diva, sendo Lucia o papel máis demandado en trinta anos.

En 1959, firmou un contrato en exclusiva con DECCA, coa que fixo gravacións regulares de ópera. En 1961, debutou en La Scala de Milán con enorme éxito cantando Beatrice di Tenda de Bellini, e un anos despois tivo outro gran triunfo no mesmo lugar cantando Les Huguenots con Franco Corelli, Giulietta Simionato, Nicolai Ghiaurov e Fiorenza Cossotto. En 1962, cantou a Raíña da Noite de Die Zauberflöte no Covent Garden, o que lle seguiu Cleopatra en Giulio Cesare de Händel. Entre 1965 e 1974, fixo xiras por Australia coa súa propia compañía de ópera.

Sutherland foi dirixida por directores da importancia de John Barbirolli, Vittorio Gui, Erich Kleiber, John Pritchard (quen conduciu a súa primeira Lucia di Lammermmor en disco), Raymond Leppard, Nello Santi ou Antonino Votto. A partir de 1963, traballou case exclusivamente co seu marido, o director Richard Bonynge. Convencida de que no mundo da ópera a voz se queima rapidamente, cantou en Londres con grande éxito o papel de Lady Macbeth e debutou con Norma en Vancouver en 1963.

O binomio Sutherland-Bonynge, realizou en Philadelphia Fausto de Gounod e cantou La traviata e Norma no Teatro Colón de Buenos Aires. En 1966, estreouse con Marie, a soldado tamborileira de La fille du régiment de Donizetti, e máis tarde, con Lakmé na ópera homónima de Léo Delibes. Ese mesmo ano, debutou coa Euridice de Haydn en Viena. Meteuse totalmente no campo do bel canto coas producións en 1971 e 1972 de Maria Stuarda e Lucrezia Borgia en San Francisco e Vancouver.

Nos anos 1973 e 1974, debutou coa Rosalinde de Die Fledermaus e con Esclarmonde de Massenet en San Francisco. Realizou ademais en Vancouver, a Leonora de Il trovatore, e debutou en Die Lustige Witwe de Franz Lehár en San Francisco. Nos anos seguintes estreou óperas como Suor Angelica en 1977, ou Le Roi de Lahore o mesmo ano. Volveu interpretar a Rosalinde en Die Fledermaus e estreou Anna Bolena de Donizetti en 1984, tras interpretar Adriana Lecouvreur. O seu último debut cunha personaxe foi en 1985, cantando Hamlet de Ambroise Thomas.

A tumba en 2024.

Sutherland foi unha peza fundamental na carreira do mozo Luciano Pavarotti, a quen deu a oportunidade de protagonizar moitas das súas gravacións no período 1965-1975, como Lucia, La fille du régiment, Rigoletto, La traviata e Turandot onde o tenor gravou o seu primeiro "Nessun dorma". Tamén axudou a mezzosoprano Marilyn Horne coa que formou un dúo lendario entre outras en Norma e Semiramide.

Sutherland foi enterrado no cemiterio de Clarens VD. Xunto á súa tumba está o futuro lugar de descanso definitivo do seu viúvo.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibiu o rango de Dama do Imperio Británico DBE e a Orde Australiana ao Mérito. En 2004 recibiu o premio do Kennedy Center polo seu labor como cantante.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Muere Joan Sutherland, 'La Stupenda', El País, 11 de outubro de 2010, consultado o mesmo día.
  2. Fernández Fernández, Juan Carlos y Andrés (2012). "María Callas y Joan Sutherland, dos voces únicas". Síneris. Revista de musicología. xuño de 2012 (3). ISSN 2254-3643. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]