Joan Busquets
Joan Busquets | |
---|---|
Nome completo | Joan Busquets Grau |
Nacemento | 1946 |
Lugar de nacemento | El Prat de Llobregat |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Politécnica de Cataluña |
Ocupación | arquitecto, urbanista e profesor universitario |
Premios | Premio Erasmus e Grand prix national de l'architecture |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Joan Busquets i Grau, nado en El Prat de Llobregat no ano 1946, é un arquitecto e urbanista catalán de fama internacional. Titulouse na Universidade Politécnica de Cataluña en 1969 e doutorouse na mesma en 1975, ocupando actualmente a cátedra de urbanismo. Tamén é catedrático da Harvard Graduate School of Design da Universidade Harvard dende 2002, e profesor convidado e consultar en universidades de disversos países. A súa firma de arquitectura BAU (B Arquitectura i Urbanisme SL) ten sede en Barcelona. No ano 2011 foi galardoado co Premio Erasmus, un premio anual que outorga a Fundación Praemium Erasmianum a persoas ou institucións que fixeron contribucións excepcionais nos eidos da cultura, humanidades, ciencias sociais e arte, "en recoñecemento ao seu impresionante e multifacético traballo no eido da planificación urbanística".[1]
Publicacións[editar | editar a fonte]
- 1992: Barcelona: Evolución urbanística de una ciudad compacta, ISBN 978-8476284582
- 1994: Barcelona, ISBN 978-8471005366
- 1999: La urbanización marginal, ISBN 978-8483013250
- 2008: Ciutat Vella de Barcelona: Un Passat amb futur, ISBN 978-8476095669
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Erasmus Prize 2011 Awarded to Joan Busquets". Consultado o 10 de novembro de 2015.