Joan-Geraud Dastròs
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1594 Saint-Clar, Francia |
Morte | 9 de abril de 1648 (53/54 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Lingua | Lingua occitana |
Joan-Geraud Dastròs, nado en Jandordís (preto de Sant Clar de Lomanha, en Gascuña) no ano 1594 e finado en 1648, foi un poeta occitano.
A súa obra
[editar | editar a fonte]Dastròs é o autor de Trimfe de la lengua gascoa ("Triunfo da lingua gascona", 1642), un poema escrito en versos octosílabos e publicado en Tolosa por J. Bondò. É unha escola de dúas obras en verso. En primeiro lugar, o «Trimfe», que é un debate entre as estacións do ano, no que cada unha defende o seu valor sobre as demais. En segundo lugar, o «Plaidejat deus elements», onde lles toca a vez do debate ao lume, ao aire, á auga e á terra.
O poeta sempre se considerou defensor da lingua gascoa (dialecto do occitano, lingua naquela altura fragmentada e sen que os seus falantes tivesen clara conciencia de unidade). Dastròs deféndea vigorosamente contra aqueles que senten vergoña dela: «Torna, torna, fray, e demòra; / N'ajas honta d'augir ton fray / Parlar la lengua de ta may» (Regresa, regresa, irmán, e detente; / Non teñas vergoña de ouvir o teu irmán / Falar a lingua da túa mai).
Fragmentos
[editar | editar a fonte]Que la Terra non m'faiche tròp,
Ja l'ai negada un aute còp.
Que lo Hoèc tròp non m'arrodòle,
Jo m'estoni qu'eth non tremòle,
E non se bremba pas benlèu
Deus destuperis que j'òu heu.
Mes parle Hoèc, e parle Terra,
Me hassa l'Aire mala guerra,
Jo vòli que lor libertat
Lor hassa veser la vertat,
E voi sur eths, l'ora presenta,
Trimfar per rason non per crenta.
«Plaidejat de l'Aiga», dentro do «Plaidejat deus Elements»