Joênia Wapichana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joênia Wapichana
Nome completoJoênia Batista de Carvalho
Nacementoabril de 1974
Lugar de nacementoBoa Vista
NacionalidadeBrasil
Alma máterUniversidade Federal de Roraima
Ocupaciónavogada e política
PremiosPremio Reebok de Dereitos Humanos, Orde do Mérito Cultural e United Nations Prize in the Field of Human Rights
editar datos en Wikidata ]
Joênia conversa co entón ministro de Xustiza, Tarso Genro, en 2008.
Foto: Elza Fiúza/ABr

Joênia Batista de Carvalho, máis coñecida como Joênia Wapichana, nada en Boa Vista o 20 de abril de 1974, é avogada, sendo a primeira muller indíxena en exercer a profesión no Brasil, e política brasileira afiliada á Rede de Sustentabilidade (REDE). É a primeira muller indíxena en ser elixida deputada federal, en representación de Roraima, durante as eleccións de 2018.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na comunidade indíxena Cabeceira do Truarú, localizada na etnorexión Murupú e no rural do Municipio de Boa Vista. É de etnia wapishana (un grupo étnico arawak) e aos 8 anos deixou a comunidade onde naceu e trasladouse coa súa nai á sede municipal (á área urbana) de Boa Vista. Falante nativa da lingua wapixana, aprendeu portugués e comezou a interesarse por estudar na capital de Roraima. Despois de concluír o ensino medio, pasou a traballar nunha empresa de contabilidade durante o día, mentres estudaba Dereito pola noite. Licenciouse en 1997 na Universidade Federal de Roraima (UFRR) e na Universidade de Arizona, nos Estados Unidos, realizou un mestrado.[1]

Traballou na demarcación da reserva indíxena Raposa Serra do Sol, alén de traballar no departamento xurídico do Conselho Indígena de Roraima (CIR) e na defensa dos dereitos dos indios á posesión das súas terras na Rexión Norte do Brasil.[2]

Foi a primeira presidenta da Comissão de Direitos dos Povos Indígenas do Colexio de Avogados do Brasil (OAB), criada en 2013.[3]

En 2004, recibiu o Premio Reebok aos mozos menores de 30 destacados na defensa dos dereitos humanos.[4] En 2010 recibiu a Ordem do Mérito Cultural do Ministério da Cultura . Nas eleccións de 2018 foi elixida á Cámara dos Deputados por Roraima, pola Rede Sustentabilidade.[5] Recibiu o Premio de Dereitos Humanos das Nacións Unidas (ONU) en 2018.[1]

Crítica persistente do goberno do presidente Jair Bolsonaro, presentou un impeachment (solicitude de destitución) contra o presidente o 1 de febreiro de 2021; alegou, na súa petición, delitos contra a poboación indíxena. O requerimento da deputada -único representante indíxena do Congreso Nacional do Brasil na presente lexislatura - foi a solicitude número 66 presentada contra o xefe do Executivo desde o inicio do seu mandato en 2019. Nun anuncio feito pola deputada en rolda de prensa no Congreso Nacional, esta solicitude tamén foi presentada conxuntamente por outros membros da Rede Sustentabilidade, como o senador Randolfe Rodrigues, e deputados federais opositores ao goberno federal como Erika Kokay, David Miranda e Alessandro Molon.[6]

Aínda en 2021, Joênia Wapichana, nunha audiencia promovida polo Colexio de Avogados do Brasil (OAB), criticou o goberno federal e a “Nova Funai”, cuestionando a afirmación de que a nova entidade escoita aos pobos indíxenas e defende o medio ambiente, divulgada polo xeneral Augusto Heleno, membro do goberno de Bolsonaro. Joênia afirmou que a “Nova Funai” incumpriu a súa tarefa máis importante: a demarcación das terras indíxenas. Tamén se queixou da omisión ante o avance do garimpo (minería ilegal) na Amazonia: “A situação é muito preocupante. E a Funai só atende o lado que está de acordo com as ideias do governo”, acusou.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Marília Marques (8 de marzo de 2019). "Dia da Mulher: 'Checaram duas vezes se eu era deputada ou não', diz 1ª indígena eleita para o Congresso". Consultado o 8 de marzo de 2019. 
  2. Joênia Wapixana, advogada índia defenderá oralmente a causa no STF Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Instituto Unisinos, 27 de agosto de 2008
  3. Joênia Wapixana foi eleita presidente da Comissão de Direito dos Povos indígenas da OAB Arquivado 21 de agosto de 2013 en Wayback Machine.. Embaixada da Noruega, 1 de marzo de 2013
  4. Joênia, a 1ª índia a se tornar advogada no Brasil. OAB, 13 de dezembro de 2004
  5. "Veja como foi a cobertura do primeiro turno das eleições". El país (en portugués). 2018-10-15. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2018. Consultado o 08 de febreiro de 2022. 
  6. Guilherme Mendes (1 de febreiro de 2021). "Joenia Wapichana apresenta pedido de impeachment de Bolsonaro. Veja íntegra". Consultado o 18 de abril de 2021. 
  7. Bernardo Mello Franco (17 de abril de 2021). "A propaganda enganosa da "Nova Funai"". Consultado o 18 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]