João Resende
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de marzo de 2003 Guimarães |
| Actividade | |
| Ocupación | futbolista |
| Deporte | fútbol |
João Pedro Moreira Resende, nado en Guimarães o 23 de marzo de 2003, é un futbolista portugués que xoga na posición de dianteiro. O seu equipo actual é o Pontevedra Club de Fútbol da Primeira Federación, cedido polo CF Estrela da Amadora da Primeira Liga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores da AD Fafe, da Casa Benfica Póvoa de Lanhoso e do Vitória de Guimarães. En 2019 pasou a formar parte do equipo xuvenil do Benfica e en 2021 foi promovido ao S.L. Benfica B. En xullo de 2023, Resende asinou un contrato de tres anos coa União de Leiria da Segunda Liga.[1][2]
O 31 de xaneiro de 2024 anunciouse a cesión de Resende á Académica de Coimbra da Liga 3 durante o resto da tempada 2023/24.[3] O 1 de xullo de 2025, Resende comezou un contrato de tres anos co CF Estrela da Amadora na máxima categoría do fútbol portugués.[4] Tras debutar na Primeira Liga, o 1 de setembro de 2025 foi cedido ao Pontevedra Club de Fútbol da Primeira Federación.[5]
Traxectoria internacional
[editar | editar a fonte]João Resende ten xogado nas categorías inferiores da selección portuguesa.[6]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "João Resende: bem-vindo" (en portugués). União de Leiria. 15 de xullo de 2023. Consultado o 12 de outubro de 2023.
- ↑ "João Resende transferido" (en portugués). S.L. Benfica. 13 de xullo de 2023. Consultado o 10 de febreiro de 2024.
- ↑ "Comunicado: João Resende cedido à Académica OAF" (en portugués). União de Leiria. 31 de xaneiro de 2024. Consultado o 10 de febreiro de 2024.
- ↑ "Mercado oficial: João Resende inicia revolução no ataque do Estrela da Amadora" (en portugués). A Bola. 1 de xullo de 2025. Consultado o 21 de setembro de 2025.
- ↑ "João Resende emprestado pelo Estrela ao Pontevedra" (en portugués). Record. 1 de setembro de 2025. Consultado o 21 de setembro de 2025.
- ↑ "Álex Compa y João Resende, dos fichajes 'in extremis' para completar la plantilla del Pontevedra en Primera RFEF" (en castelán). Pontevedra Viva. 2 de setembro de 2025. Consultado o 6 de febreiro de 2026.
- ↑ "Campeões Nacionais! Juniores do Benfica bateram o Braga por 3-0 e conquistaram o 25.º título nacional de Sub-19 do Clube." (en portugués). S.L. Benfica. 28 de maio de 2022. Consultado o 6 de febreiro de 2026.
- ↑ "Conheça os 24 heróis da Youth League (Benfica)" (en portugués). A Bola. 26 de abril de 2022. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2022. Consultado o 6 de febreiro de 2026.
- ↑ "Sub-20: a Taça Intercontinental é nossa!" (en portugués). S.L. Benfica. 21 de agosto de 2022. Consultado o 25 de agosto de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- João Resende Perfil na Federación Portuguesa de Fútbol
- João Resende Perfil en LaPreferente.com