João Pereira Venâncio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
João Pereira Venâncio
João Pereira Venâncio (37461722654).jpg
Bispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1904 en Monte Redondo, Leiria, Portugal
Pasamento2 de agosto de 1985 en Leiria, Portugal
Ordes
Ordenación sacerdotal21 de decembro de 1929
Consagración episcopal8 de decembro de 1954, por José Alves Correia da Silva
Bispo de Leiria
1958 - 1972
PredecesorJosé Alves Correia da Silva
SucesorAlberto Cosme do Amaral
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

João Pereira Venâncio, nado en Monte Redondo (Leiria, Portugal) o 8 de febreiro de 1904 e finado en Leiria o 2 de agosto de 1985, foi un relixioso católico latino portugés, bispo de Leiria de 1958 a 1972.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi ordenado sacerdote o 21 de decembro de 1929, sendo incardinado na diocese de Leiria. O 30 de setembro de 1954 foi nomeado bispo auxiliar de Leiria e bispo titular de Euroea in Epiro. Recibiu a consagración episcopal o 8 de decembro de 1954 de mans do bispo diocesano José Alves Correia da Silva.

O 13 de setembro de 1958 foi nomeado bispo de Leiria. Exerceu dito cargo até o 1 de xullo de 1972. Na década dos anos 70 erixiu a Unión Sacerdotal da Obra dos Santos Anxos en Fátima. En 1979 emitiu votos solemnes na Orde dos Coéngos Regulares da Santa Cruz restaurada por Xoán Paulo II, e en novembro de 1980 foi nomeado prior xeral da orde. Finou en Leiria o 2 de agosto de 1985.