João Pedro Azul
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1972 Vila do Conde, Portugal |
| Educación | Universidade do Porto |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, editor, docente, dramaturgo |
João Pedro Azul, nado en Vila do Conde en 1972, é un escritor, editor, dramaturgo e profesor portugués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou interpretación (Interpretação pola Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo cultural). Pos-graduado en Gestão de Actividades Artísticas, Culturais e Educativas, asistiu ao Mestrado de Multimédia da Universidade do Porto[1] onde desenvolveu traballos de fotografía, cinema e documentais.
É docente da disciplina de Interpretação do Curso Básico de Teatro do EAE no Conservatório de Música, Teatro e Dança de Vila do Conde.[2]
Fundou a revista Flanzine e a editora Flan de Tal, na que publica a colección Elementário. Foi membro fundador da asociación cultural Cabe Cave coa que promove a Mostra de Edicións Independentes e o espectáculo A Expressão da Liberdade (poesía, música e teatro).[3] En 2025 dirixiu o curso de escrita Escritório en Vila do Conde e participou en Pontevedra na Lonxa de Versos.[4]
Escribiu con Alexandre Sá, en 2016, o argumento do filme Vaza.
A súa obra explora as relacións entre palabra e escena cunha mirada innovadora e comprometida.
Obras
[editar | editar a fonte]
Poesía
[editar | editar a fonte]- Livro do amo (2015). Enconxunto co ilustrador João Concha. Plano Nacional de Leitura, Flan de Tal.
- Um cavalo sentado à porta (2020). Ed. de autor.
- Um palerma entra num bar e não ve o elefante (2021). Co ilustrador Ricardo Abreu.
Teatro
[editar | editar a fonte]- (in)certidade (2018). Dramaturxia.
- Sopros (2019). Dramaturxia.
- 2opros (2021). Dramaturxia
- Queima do Judas de Vila do Conde. Dramaturxia.
- Por detrás da Oliveira (2022). Escrita e dirección.
- Era uma vez un par de três (2025)
Performances
[editar | editar a fonte]- Muro
- 4Europe
- Corpo
- Ódio
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "João Pedro Azul – Teatro da Rainha" (en portugués). Consultado o 2025-09-22.
- ↑ "João Pedro Azul – Conservatório de Música, Teatro e Dança de" (en portugués). Consultado o 2025-09-22.
- ↑ "Intervenção Artística Coletiva “A Expressão da Liberdade” e a Entoação de “Grândola Vila Morena”". www.agenda.cm-viladoconde.pt (en portugués). Consultado o 2025-09-22.
- ↑ "“Lonxa de versos” leva a poesía galego-portuguesa á Praza de Abastos de Pontevedra". GaliciaXa. Consultado o 2025-09-22.