João Mendes Ribeiro
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1960 Coímbra |
| Actividade | |
| Ocupación | arquitecto, deseñador de teatro, profesor universitario |
| Empregador | Universidade de Coímbra |
| Premios | |
| |
João Mendes Ribeiro ComIH, nado en Coimbra en 1960, é un arquitecto portugués destacado polo seu traballo na rehabilitación de edificios históricos e pola súa relación coas artes escénicas galegas e portuguesas.[1]
Biografía
[editar | editar a fonte]Formación e docencia
[editar | editar a fonte]Licenciado pola Facultade de Arquitectura da Universidade do Porto en 1986, exerceu como docente nesta institución entre 1989 e 1991. Obtivo o doutoramento na especialidade de Teoría e Historia da Arquitectura, pola Universidade de Coímbra en 2009. Desde 1991 é profesor no Departamento de Arquitectura da Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Coímbra, onde foi asistente do arquitecto Fernando Távora entre 1991 e 1998.[2]
Áreas de traballo e recoñecementos
[editar | editar a fonte]O seu traballo abrangue tanto a arquitectura como a escenografía, desenvolvendo unha traxectoria recoñecida internacionalmente. Participou, entre outras mostras, na representación portuguesa da Bienal de Arquitectura de Venecia de 2004 e 2006, na Cuadrienal de Praga e na Bienal de Arquitectura de São Paulo de 2007.
Recibiu diversos premios e distincións, entre eles o Premio FAD, o Premio Enor, o premio da Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo e o RIBA Award for International Excellence. En 2006 foi distinguido coa Comenda da Ordem do Infante D. Henrique.[2]
Relación con Galiza
[editar | editar a fonte]João Mendes Ribeiro mantén unha relación continuada co ámbito arquitectónico e cultural galego a través de intercambios profesionais, académicos e escénicos.
En 2009 recibiu o Premio Enor, vinculado á cidade de Vigo. En 2015 participou nas xornadas Mesturas. Encontros internacionais de arquitectura Galicia-Portugal, organizadas polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, con intervencións en Vigo e Pontevedra.[3] Tamén formou parte do xurado dos XVI Premios COAG de Arquitectura.
No ámbito escénico, colaborou na obra A Canoa, versión portuguesa dun texto de Cándido Pazó para a compañía A Escola da Noite de Coímbra, presentada en Santiago de Compostela, na que participou como escenógrafo xunto con Luisa Bebiano.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pedro, Désirée – João Mendes Ribeiro. Vila do Conde: Quidnovi, 2011. ISBN 978-989-554-902-3
- 1 2 João Mendes Ribeiro (1F13-E0B9-EA39) | CIÊNCIAVITAE (en inglés)
- ↑ "Mesturas. Encontros internacionais de arquitectura Galicia – Portugal I. Rehabilitación. Intervencións no patrimonio". COAG. Consultado o 2026-04-16.
- ↑ "Evento: A Canoa". www.cultura.gal; Cultura de Galicia. Consultado o 2026-04-16.
- ↑ "A Escola da Noite de Coimbra presenta a obra A canoa en Santiago de Compostela". www.galiciadigital.com. Consultado o 2026-04-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |