João Magueijo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoão Magueijo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Évora, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa
Universidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
Director de teseAnne-Christine Davis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísico , astrónomo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton
Imperial College London
Universidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoJohannes Noller Editar o valor em Wikidata

João Magueijo, nado en Évora en 1967, é un científico portugués, membro do Grupo de Física Teórica do Imperial College de Londres e principal valedor da VSL Theory (Velocidade Variábel da Luz). [1]

Formación[editar | editar a fonte]

Estudou no Colégio Moderno de Lisboa, de onde foi expulso. Rematou o ensino secundario facendo exames como alumno externo.[2]

Licenciouse en física na Facultade de Ciencias da Universidade de Lisboa e trasladouse a Cambridge, Inglaterra. Conseguiu unha bolsa do Trinity College para facer o seu mestrado e doutoramento onde ficou como investigador no St. John's College.

Aos 11 anos, João Magueijo recibiu un libro do seu pai, escrito por Albert Einstein e Leopold Infeld, que revolucionou a súa vida.

Escribiu un artigo no que propoñía resolver varios problemas da cosmoloxía, asumindo que a velocidade da luz varía no tempo. {{Cita|Ao contrario do que pensa moita xente, incluído o que escribiu inicialmente este artigo, isto non implica que a teoría da relatividade de Einstein estea errada, xa que funciona para o universo actual. A única parte da física afectada é a da cosmoloxía, xa que as predicións do que aconteceu até agora no universo poderían estar equivocadas. [1]

Ensina Física teórica no Imperial College de Londres.

Magueijo recibiu o seu doutoramento Abdus Salam.

Teoría cosmolóxica da velocidade variábel da luz[editar | editar a fonte]

Propón que a velocidade da luz era moito maior no Universo primitivo. Preséntase como unha alternativa á teoría máis aceptada da inflación cósmica. O modelo foi proposto por primeira vez por John Moffat, un científico canadense, a principios da década de 1990. Porén, foi ignorado por todas as revistas científicas e nunca foi publicado. Na liña das súas afirmacións irónicas e sorprendentes, João Magueijo dixo que a idea lle xurdiu cando unha mañá, despois de estar toda a noite borracho, saíu a correr para paliar os efectos dunha resaca. Segundo a teoría, a velocidade da luz aínda sería a máxima á que un obxecto podería acelerar, pero podería ter diferentes valores en diferentes rexións e momentos do universo; algúns deles poderían ser superiores ao valor establecido pola teoría xeral da relatividade. A diferenza da teoría inflacionista, esta pode xerar predicións que, de cumprirse, poderían axudar a establecer unha maior confianza no paradigma que propón. Tamén permite resolver algúns problemas como o da homoxeneidade, xa que en principio non se pode explicar a homoxeneidade do universo.

Como a velocidade da luz é maior na época Planck, as diferentes rexións do universo primitivo que doutro xeito estarían desconectadas están conectadas polo fluxo de hipervelocidade que implica unha maior velocidade da luz. Polo tanto, resolve así a contradición que implica un universo primitivo fragmentado en rexións e unha evolución homoxénea do universo que sería imposible por simple casualidade.

Algunhas das teorías da velocidade variábel da luz creadas por Magueijo (xa que formulou varias alternativas) permiten explicar a existencia de raios cósmicos de ultra alta enerxía, cuxa existencia comprobada empiricamente é difícil de xustificar, cando non imposible, baseándose sobre teorías actualmente aceptadas. O Observatorio Pierre Auger dedícase na actualidade principalmente á tarefa de detectar este tipo de eventos.

No seu primeiro libro, en 2003, “Faster Than Light – A Biography of Scientific Speculation” (orixinalmente en inglés), alén de propor que a velocidade da luz non sempre foi constante desde o inicio do Universo, en contra da teoría da relatividade de Einstein, algo xa de por si bastante controvertido, tamén expuxo un lado escuro da comunidade científica, relatando as dificultades que tivo para publicar o artigo científico que describía a teoría da velocidade variable da luz.

Publicacións[editar | editar a fonte]

En inglês
En portugués
  • Mais rápido que a luz: a biografia de uma especulação científica (2003);
  • O grande inquisidor: a vida extraordinária e o desaparecimento misterioso de Ettore Majorana, génio tormentado da era nuclear (2011);
  • Bifes mal passados: passeios e outras catástrofes por terras de Sua Majestade (2014).[3]
  • Olifaque - Uma farsa em Emigrês (2017).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]