Jim Morrison
James Douglas "Jim" Morrison, nado en Melbourne (Florida) o 8 de decembro de 1943 e finado en París o 3 de xullo de 1971, foi un cantante e escritor norteamericano, coñecido principalmente por ser o vocalista da banda dos Ánxeles The Doors.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Melbourne, Florida, foi un cantante e letrista da banda de rock, The Doors, rebelde, enfrontado á súa familia, de longa tradición militar, e ó poder, que o consideraban un disolvente dos principios éticos da sociedade norteamericana, está considerado un dos personaxes máis carismáticos do rock. É tamén autor de varios poemarios, un documental, unha curtametraxe e dous dos primeiros vídeos musicais ("The Unknown Soldier" e "People are Strange"). Morrison morreu ós 27 anos de idade en París dun ataque ó corazón, aínda que os rumores sobre a súa morte contribuíron ó mito que aínda envolve a súa figura. Está enterrado no cemiterio do Père-Lachaise da cidade parisiense.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jim Morrison |