Jim Davis
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) James Robert Davis 28 de xullo de 1945 (79 anos) Marion, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Universidade Estatal Ball |
Actividade | |
Ocupación | guionista, produtor de televisión, artista de banda deseñada, director de cinema |
Período de actividade | 1969 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parentes | James Garfield Davis, avó |
Premios | |
| |
James Robert Davis, nado o 28 de xullo de 1945 en Marion, Indiana, máis coñecido como Jim Davis, é un debuxante de cómics estadounidense, coñecido por ser o creador de Garfield.
Biografía
[editar | editar a fonte]Davis criouse nunha granxa, canda seu pai Jim, seu irmán Dave e súa nai Betty, que tiña 25 gatos. A asma provocou que pasara longas tempadas encamado, tempo que aproveitaba para debuxar. Ao principio non o facía moi ben, mais co tempo foi mellorando a técnica e engadiulle textos aos seus debuxos, e así se forxou como debuxante de tiras cómicas.
Despois de graduarse na universidade -onde coñeceu á súa muller Carolyn - traballou dous anos nunha axencia de publicidade. En 1969, comezou a traballar como axudante de Tom Ryan, o creador da tira cómica Tumbleweeds. Posteriormente, Davis creou a tira cómica de Gnorm Gnat -algo así como Mosquito Gnorm- que, aínda que se publicou nun periódico local de Indiana, non conseguiu vender á compañía nacional de editores de tiras cómicas Paws.
Tras cinco anos publicando as historias do susodito mosquito, Davis decidiu crear a Garfield. Esta vez si lle mercaron as tiras cómicas e empezou a publicarse en 1978 en 41 diarios. Nunca pensou que ese gato chegaría a ter tanto éxito: actualmente Garfield protagoniza a tira cómica con maior difusión en todo o mundo, con máis de 220 millóns de lectores e publicada en máis de 2.500 periódicos mundiais. Para Jim Davis, a vida con Garfield é simple: "Se nós tratamos ben ao gato, o gato trataranos ben a nós".
Con esa premisa non só creou a tira cómica, senón ducias de best-séllers traducidos a 26 idiomas, unha serie de televisión, dúas películas e trece programas especiais, como ademais todo un merchandising comercializado nunha chea de países.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: Jim Davis |