Jhay Cortez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJhay Cortez
Biografía
NacementoJesús Manuel Nieves Cortez
9 de abril de 1993 (31 anos)[1]
Río Piedras (Porto Rico) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesJhayco Editar o valor em Wikidata
ResidenciaLuquillo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadePortorriqueño
Actividade
OcupaciónCantante, rapeiro, compositor e produtor discográfico
Período de actividade2011 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoTrap, Reggaeton
LinguaCastelán portorriqueño Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoUniversal Music Latino (pt) Traducir (2017–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webjhayco.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm10004550 Rottentomatoes: celebrity/jhay_cortez
Facebook: jhaycortezmusic Twitter: jhaycortez Instagram: jhayco Youtube: UCvpEyEBML6z-PJJ9XrqgpKQ TikTok: jhayco Souncloud: jhaycortez Spotify: 0EFisYRi20PTADoJrifHrz iTunes: 1275242928 Last fm: Jhay+Cortez Musicbrainz: 2b67658e-429f-425a-adf5-345b13112fc1 Songkick: 9536504 Discogs: 6544977 Allmusic: mn0003667285 Deezer: 13098657 Genius: Jhayco Editar o valor em Wikidata

Jesús Manuel Nieves Cortez, nado en Río Piedras, Porto Rico, o 9 de abril de 1993, coñecido artisticamente como Jhay Cortez, é un cantante, rapeiro, compositor e produtor discográfico portorriqueño de reguetón e trap latino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cortez naceu en Río Piedras en Porto Rico.[2] Mudouse a Camden en Nova Jersey, Estados Unidos, razón pola que tivo unha nenez bilingüe.[2][3]

Comezou a compoñer cancións aos 15 anos, isto fixo que o produtor Eddie Dee se interesase nel e foi coñecido polos produtores Lele a arma Secreta e Eliel, cos que empezou a escribir cancións e quen o conectan para traballar co dúo Zion & Lennox, para os cales compuxo dúas cancións, «Como curar» e «Detective de tu amor», ademais de producir «Soltera» baixo o pseudónimo de Jay el Superdotado, as tres cancións formando parte do álbum Los verdaderos.[4][5]

Posteriormente compuxo cinco sinxelos para Perico eñ Bambino, entre eles: «Llama al sol» para o seu álbum Invencible publicado no 2011, o cal resultaría gañador dun Grammy Latino na categoría de mellor álbum tropical.[3][6]

Carreira musical[editar | editar a fonte]

En 2013, comezou como cantante formando parte dun grupo de pop latino chamado Stereo 4, o cal naceu como unha idea de Joel Báez quen se dá á tarefa xunto a Roberto Sánchez e o seu inseparable dúo de traballo, Jhay Neves (vocalista do grupo), de atopar aos que pronto formarían parte deste grupo musical. Stereo 4 foi a mestura de catro voces totalmente diferentes.[7] A agrupación xuvenil estaba composta por Jafet Cortes, Eduardo Esteiras, Rubén Chinea e Jesús M. Neves.[7]

Colaborou co grupo por última vez en 2016 coa canción «Te quiero ver», a cal foi unha colaboración co seu antigo grupo e co cal debutou como solista.[8][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "40 cosas que no sabías de Jhay Cortez, por Jhay Cortez". LOS40 (en castelán). 2019-12-14. Consultado o 2021-02-12. 
  2. 2,0 2,1 Diaz, Camila (24 de maio de 2019). "Historia y biografía de Jhay Cortez" (en castelán). Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "¿Quién es Jhay Cortez, el artista que J Balvin presentó en su Instagram?". 10 de abril de 2018. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2020. Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  4. Rosa Escribano Carrasquillo (14 de maio de 2018). "Le llegó el turno a Jhay Cortez". Consultado o 22 de xullo de 2020. 
  5. "Los Verdaderos - Zion & Lennox | Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2020. 
  6. "Descubre más sobre Jhay Cortez". Consultado o 21 de novembro de 2019. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Staff, Rapetón (2016-03-02). "¿Que tienen en común el Reggaeton, Un Grammy y este grupo juvenil conocido como StereO 4?" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2021. Consultado o 2020-10-31. 
  8. CMTV. "CMTV - Biografía de Jhay Cortez" (en castelán). Consultado o 2020-12-31.