Jetze Doorman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jetze Doorman
Nacemento2 de xullo de 1881
 Balk
Falecemento28 de febreiro de 1931
 Breda
NacionalidadeReino dos Países Baixos
Ocupaciónpatinador de velocidade, esgrimista e modern pentathlete
editar datos en Wikidata ]

Jetze Doorman, nado en Balk o 2 de xullo de 1881 e finado en Breda o 28 de febreiro de 1931, foi un militar, patinador e tirador de esgrima neerlandés, gañador de catro medallas olímpicas

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Academia militar, licenciándose como subtenente. En 1906 participou nos Xogos Intercalados e en 1907 era campión europeo de sabre. En 1908 competiu nos Xogos Olímpicos de Londres sen lograr medalla. En 1909 foi campión neerlandés de sabre. Meritorio patinador en 1912 participou no segundo Alvestêdetocht que non completou ao parar para salvar dous participantes que caeran no xeo. En 1913 pouco antes do comezo da Primeira Guerra Mundial foi destinado a Albania como membro da Xendarmería Internacional volvendo aos Países Baixos durante a guerra, en 1918 ascendeu a capitán de artillería. Tras a fin da guerra, volveu á competición, foi medalla de bronce en sabre por equipos nos Xogos Olímpicos de 1920 e 1924