Jesús Vilas Lamas
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XIX valor descoñecido |
| Morte | século XX valor descoñecido |
| 1932 – 1932 ← Jesús García Conde – Juan Manuel Vidal García → | |
| 1920 – 1922 ← Antonio Suárez Casal – Jaime García Eiras → | |
| Actividade | |
| Ocupación | comerciante, político |
Jesús Vilas Lamas foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estivo emigrado na Arxentina. Confeiteiro en Arzúa. Concelleiro de Arzúa, foi elixido alcalde de Arzúa en 1920. Cesou no cargo ao ano seguinte. Na República foi elixido concelleiro de Arzúa e nomeado primeiro tenente alcalde o 31 de maio de 1931. Logo do cesamento do alcalde Jesús García Conde, foi elixido alcalde de Arzúa a principios de 1932.[1] Permaneceu no cargo até decembro de 1932. Continuou como concelleiro até o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Militou en Izquierda Republicana.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Sofía Rodríguez Lamas e foi pai de Dolores, María e Concepción Vilas Rodríguez.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lanero Táboas, Daniel (2006). Os remendos da memoria. A represión franquista no Concello de Arzúa (1936-1950). Arzúa: Concello. ISBN 84-606-4054-X.
- Lanero Táboas, Daniel (2008). "Unha aproximación á conformación dos poderes locais en Galicia. Arzúa entre a II República e a protoinstitucionalización do réxime franquista (1931-1937)" (PDF). En Universidade de Santiago de Compostela. A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Santiago de Compostela. pp. 171–194. ISBN 978-84-9887-000-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2022. Consultado o 29 de decembro de 2022.
| Predecesor: Antonio Suárez Casal |
Alcalde de Arzúa 1920 - 1922 |
Sucesor: Jaime García Eiras |
| Predecesor: Jesús García Conde |
Alcalde de Arzúa 1932 |
Sucesor: Juan Manuel Vidal García |