Saltar ao contido

Jesús Salgado Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Salgado Álvarez
Biografía
Nacemento20 de novembro de 1953 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Fradelo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1671451 BUSC: salgado-alvarez-jesus-1953 Dialnet: 4406774

Jesús Salgado Álvarez, nado en Fradelo (Viana do Bolo) o 20 de novembro de 1953, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias da Información (Xornalismo) pola Universidade Complutense. É doutor en Opinión Pública e Cultura de Masas. Foi correspondente en Madrid de La Voz de Galicia, colaborou en Antena 3-Radio, foi correspondente-delegado en Galicia da axencia de noticias Colpisa e redactor xefe da revista GAM. Foi responsable de Comunicación e Publicidade da Transmediterránea durante 20 anos. Foi subdirector de UNEDISA e director de Comunicacións e Relacións Institucionais de ISOLUX CORSAN. Nas eleccións municipais de 2011 e 2015 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Viana do Bolo e foi elixido concelleiro. Renunciou como concelleiro en xaneiro de 2017, renunciando tamén aos cargos co PSdeG-PSOE.[1]

  • Amancio Ortega, de cero a Zara, con Xabier R. Blanco, 2004.
  • Riquísimos. Los secretos de cómo se han forjado las grandes fortunas españolas, 2008.
  • Emilio Botín, todo por la banca, 2010.
  • Hasta que la herencia nos separe. Conflictos, pasiones y "vendettas": los Ruiz-Mateos, Llongueras, Thyssen, Entrecanales y otras fortunas familiares de España, 2012.
  • Nicanor Yáñez, a pulso, 2016.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Premio Identidade Galega en 1986.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]