Jesús Orgeira Muíño
Jesús Orgeira Muíño | |
---|---|
Nacemento | 1943 |
Falecemento | 20 de xaneiro de 2011 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jesús Orgeira Muíño, nado en 1943 e finado o 20 de xaneiro de 2011[1], foi un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Concelleiro do PSdeG-PSOE en Cerceda, foi elixido alcalde en decembro de 1985, logo da dimisión de Manuel Barreiro Espasandín, e tras lograr o apoio dos concelleiros electos nas listas do PGI (nese momento integrados en Coalición Galega e outro concelleiro independente integrado nas filas socialistas. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura PSdeG-PSOE á alcaldía de Cerceda e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1991 volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta. En xuño de 1992 seis dos concelleiros do PSdeG-PSOE e os do PPdeG presentaron unha moción de censura contra el por favorecer supostamente a unha empresa da súa propiedade e foi substituído na alcaldía por Fernando Martínez González. Continuou na política municipal, primeiro como candidato do PINCE e despois do CDI. En 2004 foi condenado xunto con Fernando Martínez González por un delito de falsidade electoral cometido en 1986.
Predecesor: Manuel Barreiro Espasandín |
![]() Alcalde de Cerceda 1985 - 1992 |
Sucesor: Fernando Martínez González
|