Jesús Nieves Sánchez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1913 O Saviñao |
| Morte | valor descoñecido |
| Actividade | |
| Ocupación | xastre, político |
Jesús Nieves Sánchez, coñecido como Xastriño, nado no Saviñao cara a 1913, foi un xastre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Antonio Nieves Méndez e Emilia Sánchez Curto. Xastre en Escairón. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 15 de agosto. Xulgado en Lugo por rebelión militar na causa 729/36 o 28 de decembro xunto con Manuel Pérez Fernández e os irmáns Bernardo, Francisco e Antonio Sánchez Quiroga,[1][2] foi condenado a cadea perpetua o 19 de xaneiro de 1937. Cumpriu condena na Prisión Provincial da Coruña, onde ingresou o 20 de marzo de 1937. Volveu ser detido o 18 de abril de 1947, sendo posto en liberdade o 12 de maio. Volveu ser detido o 14 de setembro de 1948 e saíu en liberdade o 25 de outubro de 1949. Foi xastre-xefe de Alta Sastrería Walker de Ourense nos anos sesenta.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nieves Ferreiro, Antonio (2009). Una lucha incansable. Vigo: Galaxia.