Jesús Mejuto Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Mejuto Vázquez
Biografía
Nacemento1888 Editar o valor em Wikidata
A Coruña Editar o valor em Wikidata
Mortedécada de 1960 Editar o valor em Wikidata (71/81 anos)
A Coruña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , mestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Jesús Mejuto Vázquez, nado na Coruña en 1888 e finado a principios dos anos sesenta, foi un mestre, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o Bacharelato no Instituto da Coruña e fíxose mestre na Normal da Coruña (1919). Foi mestre en Carral e pasou a Celas en 1920 e logo a Sésamo (1922-1931). Foi directivo da Sociedad Pro-Cultura de Celas e enfrontouse ao alcalde Augusto Seijas negándose a participar na Unión Patriótica. Militante do Partido Republicano Radical Socialista, foi director de El Noroeste cando este xornal pasou a ser órgano do partido en 1932. Membro da Agrupación a la Tercera República, foi candidato independente a deputado nas eleccións de 1933. Foi presidente do Comité local da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza.[1] Posteriormente foi dirixente do Partido Radical-Demócrata e de Unión Republicana. En 1933 converteuse en mestre da Escola do Asilo municipal da Coruña. Masón, colaborou coa revista Ser e foi directivo da Liga de los Derechos del Hombre. Participou na campaña da Fronte Popular para as eleccións de febreiro de 1936.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido durante un breve tempo. Foi destituído como mestre da Escola do Asilo en agosto.[3] Concedéronlle pasaporte en setembro de 1936 e saíu para Cuba. Volveu á zona gobernamental e estivo en Madrid, Valencia e Barcelona. En febreiro de 1939 cruzou a fronteira francesa. Estivo en Auterive (Alta Garona). Regresou a Galicia e permaneceu entobado na Coruña máis de sete anos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Fillo de Roberto Mejuto e de Francisca Vázquez Amado, era irmán de María, Carlos, Roberto, José e Antonio Mejuto Vázquez. Casou con Amparo Cagiao Muíño en 1914,[4] e foi pai de Amparo, Fernando, Jaime e Rafael Mejuto Cagiao.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 25-2-1933, p. 5.
  2. La Voz de Galicia, 9-2-1936, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 21-8-1936, p. 2.
  4. La Voz de Galicia, 13-10-1914, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]