Jesús Lavandeira Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jesús Lavandeira Pérez
Nacemento1906
Falecemento5 de xaneiro de 1991
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Jesús Lavandeira Pérez, coñecido como Ladrillo, nado en Vilasantar en 1906 e finado en Betanzos o 5 de xaneiro de 1991,[1] foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A principios da República instalouse en Betanzos e traballou como xardineiro municipal. Militante da CNT e do grupo Plantas Nuevas da FAI, en 1936 era secretario da CNT de Betanzos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte e integrouse no Grupo Neira. Non quixo integrarse no Exército Guerrilleiro de Galicia polo control do PCE. Foi detido en agosto de 1945 en Porzomillos. Condenado a unha longa pena de prison, foi internado no penal do Dueso. Saíu en liberdade provisional en 1953.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Julia Louriño García.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 6-1-1991, p. 62.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]