Jesús Lago Fernández
Jesús Lago Fernández | |
---|---|
Alcume | Petrillas |
Vigo | |
Falecemento | 25 de outubro de 1940 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jesús Lago Fernández, Petrillas, nado no antigo concello de Lavadores (Vigo) e finado o 25 de outubro de 1940, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Desde o verán de 1936 dirixiu dun grupo dunha ducia de guerrilleiros que actuaban nas parroquias de Cabral e Navia. O grupo foi acusado polas autoridades de estar detrás da morte de Amelia Alonso, propietaria dunha granxa en Cabral, e José Navas, que veu no seu socorro, en 1939. Uniuse ao grupo de José e Rogelio García Morales, os Maletas. O 15 de outubro de 1939, o grupo foi rodeado pola Garda Civil en Vilar de Infesta (Redondela) e Jesús foi o autor do tiro accidental que feriu gravemente ao seu compañeiro Rogelio García, pero conseguiu escapar. Denunciado por tres dos seus excompañeiros, foi capturado o 21 de setembro de 1940 e fusilado o 25 de outubro.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Instituto de Estudios Vigueses, ed. Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo. ISBN 84-89599-33-5.