Jesús González Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jesús González Martínez
Nacemento1881
Lugar de nacementoPontecesures
Falecemento11 de setembro de 1936
Lugar de falecementoPontecesures
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Jesús González Martínez, nado en 1881 e finado en Pontecesures o 11 de setembro de 1936, foi un carabineiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carabineiro,[1] afiliado ao PSOE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado na prisión de Compostela. Foi paseado o 11 de setembro de 1936, encontrándose o seu cadáver no km 95 da estrada A Coruña-Tui.

Era tío do brigada Adolfo Rodríguez Casal, que morreu na fronte do Guadarrama en setembro de 1936.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 8-6-1924, p. 6.
  2. El Correo Gallego, 24-9-1936, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]