Jesús González Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús González Álvarez

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Jesús González Alvarez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura185 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónremeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
DeporteRemo Editar o valor em Wikidata
Participou en
2004rowing at the 2004 Summer Olympics – lightweight men's coxless four (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Olympic.org: jesus-gonzalez-alvarez Editar o valor em Wikidata

Jesús González Álvarez, nado en Tui o 9 de setembro de 1974, é un policía e remeiro galego. Foi subcampión do mundo de dous sen temoneiro, varias veces campión de España e competiu nos Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Practicou baloncesto e atletismo antes de se iniciar no remo, deporte que comezou a practicar en 1989 no Club Remo do Miño, do seu Tui natal.[1] Foi varias veces campión de España en diferentes modalidades de remo e no 2004 conseguiu unha praza para os Xogos Olímpicos de Atenas. Participou na cita olímpica na proba de catro sen temoneiro, xunto a Mario Arranz, Carlos Loriente e Alberto Domínguez. Conseguiron o pase ás semifinais na repesca, pero non puideron meterse na final e remataron no 12º posto.[2]

No ano 2006 proclamouse subcampión do mundo en dous sen temoneiro peso lixeiro, facendo parella co andaluz Juan Manuel Florido no campionato celebrado no Lago Dorney, no condado inglés de Berkshire. Remataron por detrás da embarcación alemá formada por Ole Rückbrodt e Felix Otto e por diante dos italianos Andrea Caianiello e Salvatore Di Somma.[3]

Pasou logo a competir no dobre scull, e xunto a Juan Zunzunegui buscou unha praza nos Xogos Olímpicos de 2008. Disputou en Poznan o preolímpico, meténdose na final, pero un sexto posto nesta, deixouno fóra da cita olímpica de Pequín.[4] Para os seguintes Xogos en Londres, intentouno no catro sen temoneiro, xunto aos sevillanos Antonio Guzmán, Marcelino García Cortés e Noé Guzmán, pero tampouco puido conseguir a praza no preolímpico disputado en Lucerna.[5]

En 2009 gañou o seu primeiro Campionato de España de remoergómetro e en 2010 deixou o Club Remo do Miño para pasar a competir no novo Club Remo Tui.[6] Tres anos despois proclamouse subcampión de Europa no certame celebrado en Sevilla, formando parella no dobre scull con Sergio Pérez.[7] Ademais foi noveno no Mundial celebrado en Corea do Sur, en catro sen temoneiro peso lixeiro, xunto a Pérez, Marc Franquet e Patricio Rojas.[8] En 2014 proclamouse subcampión de España de remoergómetro; campión de España de longa distancia no dous sen temoneiro, con Sergio Pérez;[9] quedou cuarto no Campionato de Europa de catro sen temoneiro lixeiro e noveno no Mundial. En 2015 volveu cambiar de club, pasando ao Club de Remo Robaleira da Guarda, e ese mesmo ano repetiu cuarto posto no Europeo, esta vez no dous sen temoneiro.

En 2016 participou de novo con Sergio Pérez no Campionato Europeo de dous sen temoneiro, acadando a medalla de bronce o ser só superado polos británicos Sam Scrimgeour e Joel Cassells, e polos daneses Emil Espensen e Jens Vilhelmsen.[10] En 2019 conseguiu o seu segundo título de campión de España de remoergómetro e durante estes anos bateu varios récords de España e do mundo na súa franxa de idade.[11][12][13]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En xullo de 2017 foi elixido remeiro do mes pola Federación Internacional de Sociedades de Remo, pola súa "lonxevidade e versatilidade" no deporte.[14]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou coa tamén remeira Nuria Domínguez, participante en tres Xogos Olímpicos. [15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Castro, Xosé Ramón (17 de febreiro de 2020). "Remero olímpico y aspirante a Tokio: «Me miran como un referente»". La Voz de Galicia (en castelán). 
  2. "Catro sen temoneiro nos Xogos Olímpicos de 2004". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2010. Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  3. "Florido y Jesús González, plata en dos sin timonel peso ligero". El Mundo (en castelán). 27 de agosto de 2006. Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  4. "España falla y no acudirá a Pekín tras 28 años de presencia". As (en castelán). 19 de xuño de 2008. Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  5. "Día negro en Lucerna" (en castelán). 23 de maio de 2012. Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  6. Vázquez Fraga, Miriam (27 de marzo de 2013). "«La Federación Gallega no nos da barcos ni ayuda, es un boicot»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  7. "El Remo Tui regresa con dos oros y una plata de Sevilla". La Voz de Galicia (Vigo ed.). 2 de xullo de 2013. p. L11. 
  8. "El equipo olímpico se nutre en el club de Tui" (en castelán). 27 de novembro de 2013. Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  9. "Dos títulos y dos platas del Remo Tui en los nacionales". La Voz de Galicia (en castelán) (Vigo ed.). 4 de febreiro de 2014. p. L11. 
  10. Pérez, Marta (8 de maio de 2016). "Sergio Pérez y Jesús González, bronce en el Europeo de remo". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  11. "Tres Récords de España (¡uno de ellos del Mundo!) en el Campeonato de España de Remoergómetro" (en castelán). 31 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2021. Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  12. "Jesús González bate un récord del mundo durante un test de acceso al equipo nacional". Faro de Vigo (en castelán). 12 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  13. "Jesús González Álvarez, récord del mundo de la categoría peso ligero 40-49". La Vanguardia (en castelán). 3 de febreiro de 2021. Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  14. "Jesús González, Atleta del Mes de julio en WorldRowing.com" (en castelán). 27 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2021. Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  15. "Los Juegos del matrimonio" (en castelán). 10 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]