Jesús González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jesús González
Nome completoJesús González López
Nacemento1965
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico e compositor
editar datos en Wikidata ]

Jesús González, nado en Vigo en 1965 é un músico e compositor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jesús González realiza os seus estudos musicais en Vigo, Santiago e Barcelona. Autodidacta en composición, participa en seminarios impartidos por S. Sciarrino, T. Murail, M. Lindberg, J. Harvey, P. Hurel, M. Rodeiro e J. Manuel López López.

Na súa inquietude como compositor comprometido coa arte contemporánea forma o grupo Aticus16 no ano 1994, coordina o Departamento de Música do Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago (CGAC) entre os anos 1996 e 1998, colabora regularmente con ensembles e intérpretes da música contemporánea e crea os ciclos de música de cámara Galegos Hoxe! en Vilagarcía de Arousa e Música d'Avui! en Barcelona.

As súas composicións son interpretadas por músicos de referencia na contorna internacional e ten recibido encargos de numerosas formacións e entidades, entre elas o Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM). A súa obra para orquestra sinfónica Aquaeductus foi finalista no IV Concurso Internacional de Composición Andrés Gaos.

No 2016 edita o seu primeiro CD titulado Cantiga cunha selección representativa das súas obras de cámara e a só.

No 2011, baixo o nome Cantiga, comeza unha serie de obras para distintos instrumentos que intentan evocar os cantos doutrora da terra galega.

Obra[editar | editar a fonte]

Orquestra[editar | editar a fonte]

Título Data Formación Duración
No Ferro do Raíl 1995 Soprano, 2 frautas, 2 clarinetes, 2 trompetas e orquestra de corda 7'
Aquaeductus 1998/2000 Orquestra Sinfónica 16'-17'
2002 tres notturni sin luz 2002 Orquestra Sinfónica 22'
Partes 2004/05 Orquestra 20'
Carguero 2014 Orquestra 23'

Ensemble[editar | editar a fonte]

Título Data Formación Duración
Céret 1989/90 Frauta solista e grupo de 8 frautas. 35'
Crisis 1991/94 Recitador, soprano, 2 frautas, óboe, 2 clarinetes, trompeta, 2 violíns, viola, 2 cellos, percusión e piano 45'
solo 1995/96 4 violíns; frauta/piccolo; clarinete/cl. baixo; viola; cello; e piano 13'
18 Variaciones 2003 Frauta, clarinete, trompeta, violín, viola, cello, piano e percusión 6'
Barco 2010 Frauta, clarinete, trombón, violín, cello, contrabaixo e percusión 15'

Cámara[editar | editar a fonte]

Título Data Formación Duración Editado
O silencio 1984 Frauta, clarinete, violín, piano e timbais
Volviendo al pasado hacia dentro 1991 Frauta e piano 12'
O Longo Camiño de Santiago 1992/93 Frauta e piano 7'
DIDUM 1993 Frauta, óboe, fagot, cello e clave 14'
acaricio tu calma 1994 Clarinete, viola y piano 17'
Sense fi 1995 Cuarteto de frautas 9'
Cancioneiro 1996/98 Frauta, óboe, clarinete e fagot (requinto, 2 clarinetes e clarinete baixo) 9'
Spectro I 1997 Cuarteto de saxofóns: soprano, alto, tenor e barítono
Gregorianus 2 2002 Saxo soprano e piano 12'
Por la Paz 2004 Frauta e piano 12'
Trío 2006 Violín, cello e piano 18'31''
Und das Lied bleibt schön. Lied 2006 2 Saxos baixos 8'25''
melancholia generosissima Düreri 2007 Cuarteto de corda 18'
(recuerdo una) Encantación 2007 Frauta e arpa 5'27'' B&M Edicións Musicais
Dúo, Lied II 2008 Saxo e contrabaixo 7'14''
Dúo+Percusión 2008 Saxo, contrabaixo e percusión 7'
Cadenza et Chanson 2010 Frauta e acordeón 8'45''
Cantiga 2011 Instrumento melódico e piano 5'25'' B&M Edicións Musicais
Faro 2011 Cuarteto de corda 14'10''
Cantiga 2 2012 Violín e piano 5' B&M Edicións Musicais
Cantiga IV 2013 Trompa y piano 5'30''

Instrumento solista[editar | editar a fonte]

Título Data Formación Duración Editado
D.D. 1991 Clarinete 3'
Caminar 7.3 1999 Frauta e electrónica 15'
Gregorianus 1 en Si b 2001 Clarinete 12'
Cantiga-Filpense 2003 Percusión: 3 temple-blocks, marimba e bombo 8' B&M Edicións Musicais
3 Piezas 2010 Trompeta (Clarinete) 5' B&M Edicións Musicais
Señales-Trumpet 2012 Piano 8' B&M Edicións Musicais
Cantar Xemendo 2013 Contrabaixo (Cello) 3'
Gregorianus Guitarra 2013 Guitarra 8'30"
Elegy 2015 Violín 6'
Fantaisie V 2017 Frauta 6'10'' B&M Edicións Musicais

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]