Jesús Fernández Medina
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1878 Mugardos, España |
| Morte | 15 de outubro de 1916 Mugardos, España |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, escritor, funcionario |
Jesús Fernández Medina, nado en Mugardos en 1878 e finado na mesma vila o 15 de outubro de 1916, foi un xornalista, escritor e funcionario municipal galego. Dirixiu o semanario Democracia entre 1911 e 1914.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Mugardos no seo dunha familia localmente recoñecida. Solteiro e cunha filla, vivía coa súa nai e unha irmá na rúa San Fernando. Destacou polo seu bo nivel cultural, coñecementos de contabilidade e habilidade literaria, tanto en prosa como en poesía. Traballou como representante de seguros e da marca de máquinas de coser Singer, ademais de exercer como escribán interino no concello de Mugardos, onde chegou a ser oficial primeiro antes do seu pasamento.
En setembro de 1911 fundou Democracia, un periódico que defendía os intereses locais e as clases desfavorecidas, con especial atención a Mugardos e Meá.[1] A publicación destacou pola súa crítica ao caciquismo, en particular contra figuras como Juan Francisco Martínez Domenech ("Xan Farruco"), e pola súa defensa da educación, a modernización tecnolóxica e as ideas progresistas.
Fernández Medina mostrou unha ideoloxía complexa e ás veces contraditoria: apoiou tanto a conservadores como a liberais, republicanos e movementos agrarios, e defendeu a educación e a cultura mentres desprezaba ás "clases subalternas". A súa obra reflecte o contexto da época, cun estilo barroco e cheo de tópicos, e unha diglosia que relegaba o galego a usos folclóricos ou populares.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia,5-10-1911,p. 2.