Jesús Barros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jesús Barros Martínez»)
Infotaula de personaJesús Barros
Biografía
Nacemento1940 Editar o valor em Wikidata
A Gudiña, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de outubro de 2015 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
A Gudiña, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
5 de xuño de 1996 – 18 de xaneiro de 2000
← Jesús de Juana López

Circunscrición electoral: Ourense

Deputado no Congreso dos Deputados
19 de setembro de 1995 – 9 de xaneiro de 1996
← Manuel Cabezas

Circunscrición electoral: Ourense

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , empresario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión de Centro Democrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata


Jesús Barros Martínez, nado na Gudiña en 1940 e finado na mesma vila o 4 de outubro de 2015, foi un político galego de centro-dereita, alcalde da Gudiña e deputado[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dos donos dunha tenda de ultramarinos na Gudiña, estudou no Colexio Cardenal Cisneros de Ourense[2]. Profesionalmente foi empresario e empregado de banca, onde chegou a dirixir unha oficina do Banco Central Hispano.

Durante o franquismo foi designado alcalde da Gudiña en 1973. Nas primeiras eleccións democráticas de 1979 encabezou a candidatura de UCD á alcaldía da Gudiña e foi elixido alcalde por maioría absoluta. En 1983 volveuse presentar, neste caso encabezando a candidatura de Coalición Galega, e de novo resultou elixido alcalde, se ben desta volta con maioría simple. Durante esa lexislatura simultaneou o cargo co de deputado provincial.

Nas eleccións de 1987 foi relevado por Guillermo Lago, se ben continuou como concelleiro e como tenente de alcalde. Despois de abandonar a corporación municipal afiliouse ao PPdeG, formación política á que continuou vencellado ata o remate da súa vida. Nas elección xerais de 1993 figurou na candidatura do PP ao Congreso dos Deputados, como número 3, e se ben non resultou elixido inicialmente, accedeu á Cámara Baixa en 1995 en substitución de Manuel Cabezas. Nas seguintes eleccións, en 1996 sucedeulle algo parecido: figurou de número 3, non foi elixido, pero acabou substituíndo, xa dende xuño de 1996 a Jesús de Juana. Durante o seu paso polo Congreso foi un dos poñentes do cambio de denominación oficial das provincias de Ourense e da Coruña[3][4]

Nicho no cemiterio da Gudiña.

Vinculado durante moitos anos á Cruz Vermella como voluntario, logo da súa retirada da política foi vicepresidente da entidade na provincia de Ourense.

Galardóns[editar | editar a fonte]

Recibiu a Medalla de Galicia (categoría de bronce) en 2002.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou e tivo tres fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
'
 
Alcalde da Gudiña
 
1973 - 1987
Sucesor:
Guillermo Lago